Tráfico

El PP revela que el jefe de la Policía también pide herramientas para combatir los gorrillas

By 25 octubre, 2016No Comments

 Antonio Ameijide subraya que hace más de un mes el Jefe de la Policía Local advirtió en un informe al gobierno local de la necesidad, tantas veces reivindicada desde el PP, de que este cuerpo disponga de amparo legal contra los aparcacoches

O vicevoceiro do Grupo Municipal do Partido Popular, Antonio Ameijide, revela que o xefe da Policía Local tamén lle pide ao goberno municipal ferramentas legais para combater a práctica dos gorrillas.

Nun informe con data 14 de setembro de 2016, o máximo responsable deste corpo municipal indica que para elaborar un plan específico para combater o problema dos gorrillas necesítase algunha norma que prohíba a súa actividade, co fin de poder sancionalos, polo que se está estudando se sería mellor reformar a Ordenanza de Circulación, introducindo un artículo específico que prohíba a actividade de “aparcacoches” ou ben incluír esta prohibición nunha ordenanza cívica e de convivencia. Este extracto aparece incluído no informe que elaborou a vicesecretaria en relación ao grao de cumprimento dos acordos plenarios, en referencia concretamente á proposición de maio deste ano do Grupo Municipal do Partido Popular no que se instaba aos socialistas a tomar medidas para atallar esta actividade. Aínda así, o resto do documento non se atopa no conxunto do expediente, polo que o vicevoceiro popular anunciou que pedirá acceso ao informe íntegro.

Volvendo ao fondo da cuestión, Ameijide subliña que “a demanda da Policía Local vennos a dar a razón na nosa reivindicación reiterada de que se dote aos corpos e forzas de seguridade da cidade de ferramentas legais” para evitar que “os lugueses nos vexamos constantemente coaccionados e ameazados” por unha práctica de extorsión “indiscriminada”.

Nesa liña, o vicevoceiro popular asegura que “na práctica, o máximo responsable da Policía Local está a cuestionar a decisión do PSOE e BNG de retirar do borrador inicial da ordenanza de circulación o artigo no que se prohibía esta actividade”. “Dixémolo nese momento e repetímolo hoxe: se Lugo non ten dende 2013 unha prohibición explícita como a que figuraba no documento inicial é polo capricho de socialistas e nacionalistas de retiralo, deixando desamparados aos lugueses”, subliña.

Finalmente, Antonio Ameijide solicita que, paralelamente, a Deputación Provincial, en cumprimento doutro punto deste acordo plenario, destine 100.000 euros dos orzamentos de 2017 para que “agora que por fin é legal” o Concello poida desenvolver unha superficie de aparcamento gratuíto fronte á entrada principal do HULA. “Os socialistas anunciaron esta partida a poucos días das eleccións municipais de 2011, cando era ilegal facelo, pero agora que grazas á modificación da Lei do Solo se pode levar a cabo a Deputación Provincial volve dar as costas”, conclúe o vicevoceiro popular. 

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies