O GarañónUrbanismo

El PP registra la petición de comparecencia del edil de Urbanismo por O Garañón

By 9 febrero, 2017No Comments

 Jaime Castiñeira anuncia que “ante el enésimo incumplimiento plenario del gobierno al no convocar desde julio de 2015 la Comisión para buscar soluciones para O Garañón” el concejal tendrá que dar explicaciones de por qué no asume ese mandato

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular, Jaime Castiñeira, vén de rexistrar esta mañá a petición de comparecencia do edil de Urbanismo, Daniel Piñeiro, pola urbanización de O Garañón.

O popular explica que “se temos chegado a esta situación é polo enésimo incumprimento plenario do goberno local, que non convocou a comisión monográfica sobre O Garañón que se aprobou a iniciativa do Partido Popular no pleno de xullo de 2015 co voto en contra do PSOE, un acordo que se reiterou e que volveu saír adiante en xaneiro de 2017”. “Démoslles aos socialistas un prazo de quince días a maiores de todos os meses que levabamos agardando na procura de solucións, pero outra vez máis volveron desentenderse”, detalla.

Nesa liña, Castiñeira lembra que “xa no último pleno advertimos de que se en 15 días non se creaba sequera este órgano pediriamos explicacións ao edil de Urbanismo, dado que da alcaldesa non a podemos solicitar porque o regulamento municipal nolo impide”. “Pero debera ser ela, en realide, quen lles explicara aos lugueses por que segue instalada na defensa dos intereses de Orozco, de Besteiro e do promotor, en lugar de velar polos xerais de todos os veciños”, destaca.

Así, o voceiro popular critica que “tal é o pasotismo e a despreocupación do goberno local con respecto ao Garañón que, a dúas semanas de que caduque o prazo do que dispón para decidir se presenta recurso ou non ás dúas sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), o certo é que nin sequera teñen contratada a asesoría externa para tomar esa resolución”.

No documento rexistrado polos populares para solicitar a comparecencia plenaria, ademais de preguntar polas razóns da demora na creación e convocatoria deste órgano, tamén se reclaman aclaracións da situación actual da urbanización, con respecto aos plans, medidas e calendarios que baralla o goberno local. “O obxectivo ao que temos que aspirar é dobre: evitar que esas torres sigan aí nas Costas do Parque e librar a todos os lugueses dunha posible indemnización millonaria ao promotor”, incide o voceiro popular, quen continúa apuntando á posibilidade de acollerse aos incumprimentos do construtor no convenio como unha das fórmulas para acadalo.

Por último, Jaime Castiñeira reitera, como dixo a comezos da semana, que “estamos dispostos a recorrer a unha situación extraordinaria e inédita, como é a de reclamar, pleno si e pleno tamén, explicacións do edil de Urbanismo, Daniel Piñeiro, ata que decida asumir as súas obrigas”. “Botaremos man de todas as ferramentas que temos ao noso alcance como membros da corporación para que, dunha vez por todas, o goberno local tome as rendas sobre este asunto”, conclúe. 

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies