Antonio Ameijide explica que pese la rectificación realizada por Lara Méndez, una hora diaria de atención sin cita previa no soluciona el problema, por lo que mantendrán la iniciativa en el pleno en la que se pide la eliminación de la cita previa obligatoria para ser atendido en el Ayuntamiento de Lugo
Trala presión exercida durante semanas e, curiosamente, un día despois de que o Grupo Municipal do Partido Popular anunciase unha iniciativa a pleno para que eliminar a cita previa obrigatoria no Concello de Lugo, Lara Méndez “tenta rectificar” e anuncia cambios no servizo pese a que esta non é unha das áreas socialistas no reparto que fixeron no seu día das áreas de goberno.
O anuncio de Lara Méndez de habilitar unha hora diaria (de 13.00 a 14.00 horas) na que os lucenses serán atendidos nas dependencias municipais sen necesidade de concertar cita previa “soa a chiste”, segundo afirmou o vicevoceiro popular Antonio Amejide.
Para os populares está por ver cal é a opinión do BNG, que recentemente anunciou que non ía eliminar este requisito pese a que onte mesmo, o deputado nacionalista Néstor Rego, esixiu en Madrid a supresión da cita previa na Administración do Estado.
Para Ameijide esta marcha atrás da alcaldesa nun tema tan sensible como este é un novo exemplo de que o Grupo Municipal do PP “estamos a realizar unha oposición útil para a cidadanía e que busca solucionar problemas do día a día da veciñanza”. “É unha satisfacción comprobar que esta demanda veciñal non caeu en saco roto. A mágoa é que teñamos que estar a uns meses da campaña para que se dean conta”, explicou.
Por último, Antonio Ameijide afirma que no Concello de Lugo “temos un BNG totalmente sumiso, debilitado e sen criterio” tal e como se demostra con que “en Madrid esixen a eliminación da cita previa, mentres que en Lugo empéñanse en mantela”.