El concejal popular Manuel López afirma que “si se asfaltan os 900 metros desta vía se evitaría que os veciños de Segade, na parroquia de Teixeiro, teñan que dar un rodeo de máis de 12 quilómetros para acceder á estrada de Meira e vir a Lugo”
O Grupo Municipal do Partido Popular solicita ao goberno local que asfalte a pista de 900 metros que comunica o lugar de Segade cos lagos de Teixeiro. O concelleiro popular Manuel López explicou que “con esta intervención os veciños deste núcleo recuperarían unha vía de acceso directo á estrada de Meira e que se viña utilizando dende sempre para vir a Lugo”.
Na actualidade a pista está intransitable “con fochancas inmensas que impiden o paso dos turismos e incluso dos todoterreos”. Manuel López indicou que os veciños, dende hai tempo, vense obrigados a buscar outras alternativas que multiplican ata por tres o percorrido para chegar a nacional 640. “Se antes facían un desprazamento de 4,50 quilómetros, agora teñen que conducir durante 8 quilómetros máis, dando un rodeo totalmente innecesario” salientou o popular.
Dende o Grupo Popular presentarán un rogo en comisión para que se leve a cabo esta actuación e, deste xeito, rematar co rodeo absurdo que teñen que realizar os afectados polo mal estado desta pista. Manuel López matizou que “se trata dunha intervención cun custe mínimo” e que supón unha mellora importante na comunicación deste lugar de Teixeiro con Lugo.