Urbanismo

El PP afirma que la negativa de Lara Méndez a certificar que no habrá indemnización en el Garañón es la prueba evidente de que nos mintió a los lucenses

By 27 enero, 2022No Comments

Los concejales populares califican de “increíble” que la alcaldesa tenga la “desfachatez” de no intervenir en un debate en el que se le pedía que confirmara las afirmaciones que hizo en el último pleno, certificando que no pagaremos nada de los 26 M€ que nos reclaman por el Garañón provocada únicamente por concejales del PSOE en Lugo que dieron una licencia ilegal y negociaron un convenio dañino para los lucenses

No ano 2011 o promotor do Garañón presentou unha reclamación administrativa na que pedía ao Concello de Lugo algo máis de 25 millóns de euros en concepto de indemnización polas perdidas ocasionadas coa paralización da edificación, así como polo lucro cesante desta promoción urbanística avalada por una licenza municipal expedida polo goberno socialista.

No pleno do mes de decembro de 2021 a alcaldesa, sra. Méndez, e a  concelleira de economía e recursos humanos, sra. Alvarellos, facían referencia a un informe de asesoría xurídica segundo o cal o Concello de Lugo non tería que indemnizar ou compensar ao promotor da obra do Garañón ao afirmar que “hai un proceso xudicial aberto, pero estimamos que non hai lugar a indeminización de ningún tipo”.

Ante a imposibilidade de ter acceso a dito informe nos diferentes departamentos do Concello, e tras as declaracións da sra. Alcaldesa: “a non indemnización non o digo eu, senón o asesor xurídico do Concello no seu informe. E nós temos plena confianza nos nosos técnicos”. Este Grupo Municipal require do equipo de goberno o compromiso público e oficial de que non haberá que asumir ningún tipo indemnización ou compensación ao promotor da edificación do Garañón en base á licenza outorgada por un goberno socialista no Concello de Lugo, posteriormente declarada ilegal e anulada pola xustiza.

Asimesmo, en aras á transparencia, este grupo esixe ao goberno bipartito o estudo de custos do Garañón así como o proxecto técnico preciso para tirar as torres e reurbanizar a parcela. Un estudo de custos que inclúa a totalidade daqueles aos que terá que facer fronte o Concello de Lugo, incluíndo o derribo real, non unha estimación, e as posibles indemnizacións e/ou compensacións para reconverter eses terreos en zona verde. Os precedentes fannos requerir os custos no peor escenario posible xa que este bipartito xa nos ten acostumados a custos “sorpresa” en diversas actuacións das que son responsables.

Por todo o exposto, o Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo, presenta a seguinte:

 

PROPOSTA DE ACORDO

O Goberno Municipal comprométese oficialmente, e acreditará por escrito, que non haberá lugar a indemnización ou compensación ao promotor do Garañón cuxa construcción foi avalada polas licencias e permisos municipais anulados en vía xudicial. 

En caso de existir algún tipo de indemnización ou compensación en relación á construcción das torres do Garañón, o Goberno Municipal do Concello de Lugo comprométese a  iniciar de xeito inmediato, e de oficio, todos os trámites precisos para reclamar aos responsables políticos os custos destas posibles indemnización e lucro cesante, así como os derivados do retraso no cumplimento das sentenzas que obrigan á reposición da legalidade de dita obra.

O goberno municipal, fará entrega a todos os grupos políticos desta corporación do correspondente estudo de custos, que inclúa a totalidade dos gastos que terá que facer fronte o Concello de Lugo, para o derribo real das construccións e as posibles indemnizacións ou compensacións para reconverter eses terreos en zona verde

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies