El concejal popular Antonio Ameijide acusa al equipo de gobierno de falta de control de los equipos que, hasta hace dos meses, utilizaba la concesionaria del servicio recordándole que “una vez terminado el contrato deberían pasar a ser propiedad municipal”
O Grupo Municipal do Partido Popular alerta do posible desmantelamento de equipos, de propiedade municipal, que estaban gardados no almacén de Vendex en Montirón e nas oficinas de Rio Neira e que se utilizaban para prestar o servizo da ORA. O concelleiro popular Antonio Ameijide recriminou o descontrol e a permisividade do equipo de goberno socialista coa concesionaria, ata hai dous meses do servizo, diante da posible desaparición de equipos que “segundo figura no prego de condicións da adxudicación, unha vez suspendido o contrato, terían pasar a ser propiedade municipal libres de calquera tipo de cargas, gravames ou arrendamentos”.
O popular reclama que se entreguen ao concello os 2 segways valorados en 16.800 €, as PDAs valoradas en 6.000 €, 1charriot para recollida de recadación, 1contadora de monedas, 1 emisora, 13 radiotransmisores, as 50 vallas, medios informáticos, e 15 sinais de prohibido aparcar, a furgoneta do servizo así como calquera outro medio auxiliar empregado polos axentes da ORA.
Ameijide destacou que no artigo 18 sobre reversión das instalacións se indica que “tres meses antes da finalización do contrato hai que realizar un inventario con todo o que hai no servizo e, nese senso, anunciou que o seu Grupo preguntará si existe ese documento”. Os populares desconfían que alguén do goberno local fose, antes da rescisión do contrato, a revisar o material que existía tanto nas oficinas de Rio Neira como no almacén de Montirón para evitar futuras desaparicións. Tamén pedirá explicacións sobre as 59 vellas máquinas expendedoras (da anterior concesión) que deberían estar almacenadas en Montirón. Asemesmo os populares solicitan acceso aos estudos e datos estadísticos de seguimento da concesión nos que se ofrece información de ocupación de prazas en función das horas e os sectores con maior densidade de aparcamento entreoutras cousas.
Ameijide advirte que os socialistas “neste asunto non poden alegar ignorancia xa que a decisión de suspender o contrato coa empresa da ORA foi a única medida que adoptou a alcaldesa nestes tres meses de mandato” polo que razonou “tivo tempo para ler con calma o prego de condicións”. Os populares interpretan esta actitude como un reflexo da tolerancia excesiva coa que os socialistas actuaron con esta empresa dende que se lle adxudicou o servizo.
“Entendemos que todos estes equipos se poderían reutilizar cando se poña en marcha o novo sistema de rotación de vehículos ou ben encaixar noutros servizos municipais” puntualizou Ameijide. O popular lamenta a pouca visión política da alcaldesa xa que “calquera na súa casa, e sobre todo máis nestes tempos, reutiliza materiais que estean en bo uso”. O concelleiro engadiu que “detalles como estes poñen en evidencia a incapacidade dos socialistas de xestionar con sentido e aforrar os cartos de todos”.