InfraestructurasLimpezaTransporte Urbano

El PP traslada al gobierno local la necesidad de mejorar el transporte, el aseo urbano y la accesibilidad en el barrio de Paradai

By 30 julio, 2021No Comments

Los concejales del Grupo Municipal del PP se reunieron con los vecinos de Paradai, que trasladaron a los populares a necesidad de un nuevo paso de cebra en las cercanías del cruce entre Otero Pedrayo y Alexandre Bóveda ya que los existentes en ese cruce no son accesibles

Os concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo visitaron hai uns día so barrio de Paradai despois de recibir a chamada dos veciños da zona, que trasladaron numerosas queixas e inquedanzas aos edís populares.

Unha das principais reivindicacións dos veciños é que se coloque un novo paso de peóns na intersección das rúas Otero Pedrayo, Pombal, Río Sil e Alexandre Bóveda. Trátase dunha intersección na que hai xa outros pasos de peóns, pero tamén é certo que as beirarrúas teñen zonas con bastante desnivel e se trata dun barrio no que os veciños teñen unha media de idade elevada, polo que hai ocasións nas que ese desnivel das beirarrúas é unha barreira case infranqueable, de aí a súa petición de colocar un novo paso de peóns nun punto de acceso sinxelo. Sobre este situación, os propios veciños non descartan realizar unha recollida de sinaturas como elemento de presión ao goberno local para que escoite as súas reclamacións.

Tamén os veciños recuperar o autobús público que ata hai unhas semanas había no barrio. Por esta zona pasada a antiga liña 10, que comunicaba Paradai co centro da cidade e coa zona norte (chegaba ata o campus universitario), pero agora xa non hai ningunha liña que os una co centro, xa que a única liña que hai agora no barrio é a 13 e non colma a súas necesidades, polo que piden unha revisión do percorrido para manter a comunicación co centro e a zona norte que tiñan anteriormente.

Ao igual que sucede no resto de barrios da cidade, os veciños de Paradai trasladaron aos concelleiros populares o seu malestar polo que cualificaron “un deficiente aseo urbano” xa que ademais de lamentar o mal estado dos colectores do lixo, aseguraron que a limpeza era moi mellorable, sobre todo no referente á maleza, tanto nas beirarrúas como en fincas nas que medra sen control. Especialmente conflictivo neste barrio é o que sucede en varias localizacións nas que hai árbores que adoitan dar moito froito e que case sempre remata no chan, converténdoo nunha superficie resbaladiza. Situación semellante ocorre nun treito de Otero Pedrayo, onde á pendente da rúa hai que engadir que o musgo que medra no inverno converte este treito nunha trampa que xa provocou numerosas caídas.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies