El portavoz popular Ramón Carballo explica que el documento, aprobado hace 14 años, no se ajusta ni a la realidad, ni a la población actual del municipio “ya que se pensó para una población de 92.000 habitantes cuando ahora rozamos los 100.000”
O Grupo Popular presenta unha iniciativa en comisión na que insta á alcaldesa “a actualizar o Plan Municipal de Emerxencias, cuxa última revisión foi o 23 de maio de 2007”. O voceiro popular lembra como hai dous anos ( pleno celebrado o 26 de abril de 2018) aprobouse cos votos de todos os grupos, malia o voto en contra dos 8 edis do PSOE, unha iniciativa de autoría do PP para revisar este documento “obsoleto e que non se axusta á realidade do municipio”.
Para os populares urxe levar a cabo esta actualización do PEMU xa que “se trata dunha ferramenta indispensable para responder de forma áxil e coordinada ante calquera emerxencia tratando de evitar atrasos ou mesmo duplicidades nas intervencións”.
Ramón Carballo explica que “o actual PEMU é un Plan de hai 14 anos, pensado para unha poboación de 92.000 habitantes cando na actualidade rozamos os 100.000 habitantes e que usa unha cartografía desfasadísima”.
Para o Partido Popular “é necesario corrixir e revisar este documento para afrontar calquera imprevisto de forma protocolarizada”. “Hai que ter en conta que no PEMU non aparecen barrios enteiros como Augas Férreas, nin o auditorio, nin o centro comercial de Duquesa de Lugo, nin o edificio do INSS”. “Outra proba evidente do obsoleto que está este documento témola no mapa de equipamentos sanitarios de intervención e de seguridade, con revisión de 15 de xullo de 2006, onde figuran o hospital Xeral, o hospital de San Xosé e hospital de Calde. Os tres pechados ou con usos diferentes”.
Tamén aparece localizada a sede da policía local no vello cárcere en vez de situala na súa nova ubicación en Sanfiz e, mesmo, tampouco está grafiada a Ponte Branca sobre o río Miño.
Canto ás zonas industriais, dentro do epígrafe de distribución espacial do solo industrial, só figura como principal área de solo industrial o polígono de O Ceao e citan que hai “outros enclaves dispersos no territorio municipal como son as pequenas zonas industriais ubicadas en San Salvador de Muxa, Mazoi e Areiras”.
Con respecto ao polígono de As Gándaras nin aparece no documento unicamente se indica a futura situación asegurando que “o avance do Plan Xeral de Ordenación Municipal (2006) contempla a próxima declaración como solo industrial, os terreos ocupados polos antigos destacamentos militares en As Gándaras, e os terreos ubicados entre a Avenida da Coruña e o trazado do ferrocarril co fin de consolidar os dous enclaves industriais illados desta avenida”.
Carballo explicou que “é responsabilidade das corporacións locais, a actualización deste documento” matizando que se trata dun manual básico “para atender, con garantías, as emerxencias que suceden no termo municipal e que sexan susceptibles de ser controladas, exclusivamente, polos servicios operativos locais”. (policía, bombeiros, protección civil, brigada augas, servicios eléctricos …)