El viceportavoz de los populares Antonio Ameijide recuerda a los socialistas que “se vienen de cumplir los doce meses de plazo que tenía el gobierno local, desde que se adjudicó el contrato, para presentar su plan de mejora de funcionamiento del transporte urbano de Lugo”
O PP critica o retraso na prometida remodelación do transporte urbano “mal imos se xa son incapaces de incumprir as súas propias previsións” manifestou Ameijide. O popular facía esta reflexión coincidindo coa data na que se cumpría o prazo que se concedeu á empresa adxudicataria para presentar o plan de mellora dos autobuses de Lugo “vén de cumprirse o ano que tiñan, segundo figura nos pregos de condicións da adxudicación deste servizo para rematar a proposta de liñas, frecuencias do novo modelo de autobuses urbanos”.
Ameijide criticou tamén que a Mesa de Traballo, que se acordou crear en febreiro de 2016, sexa un fracaso propiciado dende o goberno local que se nega a dar participación puntualizando que “tan só se reuniu unha única vez, o pasado 10 de xuño, zanxando o foro sen máis”. Os populares, en aras a recuperar o ritmo e poder sumar propostas para a reestructuración do transporte urbano de Lugo solicitan a Lara Méndez que “de forma urxente reúna esta Mesa de Traballo para informar dos prazos para implantar o novo modelo de transporte”.O vicevoceiro popular lembrou as distintas propostas que defendeu o Grupo Popular para mellorar este servizo tanto no tocante ás tarifas como a remodelación das liñas. Algunhas destas medidas contan co apoio do pleno como a gratuidade dos autobuses para os menores de 18 anos que se suman ao transporte de balde para pensionistas, xubilados e familias con escasos recursos así como transbordos gratuítos para todos os usuarios. No tocante as liñas, o vicevoceiro popular enumeraba outras medidas como:
– Liñas máis curtas, con máis frecuencia e que den cobertura a toda a cidade
– Reforzo autobuses fines de semana en barrios como Magoi
– Adaptar os horarios para centros de ensino, polígonos industriais e administracións
– Tarifa plana: bonos semanais, mensuais ou anuais
– Mellora das marquesinas
– Recuperar e potencia o SAE
– Crear plano de transporte intuitivo cun código de cores para cada liña
– Crear unha aplicación con planificador de rutas.
Antonio Ameijide afirmou que “temos unha flota moi renovada que, de momento serven máis como decorado que como medio de transporte” matizando que estamos falando dun dos servizos que nos custa ao Concello máis de 3 Millóns de euros anuais. A concesión do servizo de transporte urbano de viaxeiros de Lugo por un prazo de dez anos, con opción a prórroga de 5 máis, aprobouse en xunta de goberno o pasado 10 de febreiro de 2016.