Urbanismo

El PP pide asegurar el edificio en ruinas de la Ronda que cada día está en peor estado

By 11 septiembre, 2019No Comments

El PP considera inexplicable el retraso del gobierno local a la hora de intervenir por vía subsidiaria en este inmueble ya que “supón un risco para os peóns” engadindo que “estamos diante dun dos casos máis sangrantes  de feísmo no entorno da muralla”

O popular lembra que o expediente iniciose en 2005 cando se enviaron aos propietarios órdenes de execución para consolidar o inmoble; en 2017 Evislusa cuantificou en 110.000 € o orzamento para que o Concello asuma a reparación e cobrarllela, a posteriori, ao propietario do edificio. Dende aquela data “o goberno permaneceu de brazos cruzados malia que estamos a falar dun problema de seguridade e de que se están dando unha imaxe penosa dunha das principais arterias da cidade onde as vallas ocupan prazas de aparcamento e segue habendo unha situación de inseguridade para peóns”.

Dende o Partido Popular quere saber  cales son os motivos do  retraso esta intervención. O vicevoceiro tamén amosou a súa preocupación porque a situación do número 48 podería agravarse se empezan as obras previstas no solar que linda  xa que podería haber  novos desprendementos.

Os populares lamentan que “pola incapacidade de xestión e polo retraso nos traballos de consolidación deste edificio a beirarrúa leve meses e meses valada nestre tramo polo que pasan a diario numerosos veciños”. Para Ameijide non é de recibo que “unha situación que debería ser excepcional se convertise nalgo normal”.



Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies