Tráfico

El PP urge la creación de una ordenanza contra los gorrillas

By 3 mayo, 2016No Comments

El viceportavoz popular, Antonio Ameijide, asegura que “ante la ampliación de plazas de aparcamiento en el entorno del HULA, adoptada tras la proposición plenaria del PP de mayo de 2013, es imprescindible poner coto a la práctica de los aparcacoches ilegales”

O vicevoceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, urxiu esta mañá ao goberno municipal á creación dunha ordenanza contra os gorrillas.

Ante a ampliación do número de prazas de estacionamento no entorno do HULA, “que se está a acometer despois de que dende o PP o pediramos en reiteradas ocasións, incluso no pleno de maio de 2013”, os populares consideran “imprescindible” que “se poña freo a esta práctica”, co obxectivo de que “o que debera ser unha mellora para todos os lugueses non remate sendo simplemente unha ampliación do negocio extorsionador destes aparcoches ilegais”.

Nesa liña, Ameijide lembrou que dende outubro de 2013 existe un acordo plenario, tomado a instancias do PP, en virtude do que o Concello de Lugo debería crear unha ordenanza e un plan específicos para erradicar esta actividade. “Como dixemos naquel momento, é preciso darlles cobertura legal aos policías locais para que poidan perseguir esta actividade mediante a imposición de sancións e calquera outra medida coercitiva”, aseverou o vicevoceiro popular, ao tempo que incidiu en que “o certo é que non só non se deron pasos neste documento senón que tampouco se avanzou na tramitación da de civismo nin na de policía”.

Así mesmo, o popular recalcou que “igual que Orozco consagrara no seu día esta práctica ao eliminar da nova ordenanza de circulación o artigo 12.6 que recollía a prohibición de exercela, tamén agora a alcaldesa quere blindar este tipo de extorsións ao ampliar a superficie para os gorrillas, sen darlles argumentos aos policías para combatela”.

Paralelamente, Ameijide subliñou que “temos chegado a un punto insostible, tanto para os usuarios do hospital que se senten coaccionados, ameazados e extorsionados como para os propios veciños de Galegos que tiveron que expulsar a estas persoas das proximidades das súas casas, do seu campo da festa e do seu local social”.

Por último, o vicevoceiro popular solicitou que “aproveitando esta intervención se analice a viabilidade de acondicionar tanto a entrada como a saída de urxencias para permitir o xiro nun e noutro sentido”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies