Los populares ven imprescindible tomar declaración a las personas que participaron en varias reuniones de las que no hay actas, pero sí constancia de su celebración, para saber “que se hablaba en esas reuniones, que órdenes políticas se dieron y que instrucciones se acordaron”
Para os concelleiros populares resulta moi destacado que na contestación ás alegacións e no comunicado do equipo de goberno basean a denegación da práctica de probas e tomas de declaracións solicitadas polo Partido Popular “na présa por resolver” o expediente da Fábrica da Luz. Para Amejiide “nun expediente que se busca esclarecer os responsables dunha condena indemnizatoria de 2,5 millóns de €, non se pode pechar as presas, negándose a practicar probas ou investigar persoas por falta de tempo, isto é algo realmente preocupante”
É dicir, néganse a realizar estas prácticas de probas e tomas de declaración aos implicados “porque se dilataría o procedemento” xa que leva tempo realizar estas prácticas. Polo que demostran que “non se queren esclarecer os feitos por completo, tomando as declaracións oportunas aos implicados alegando que hai que resolver rápido”. E as presas nun caso como este non poden ser xustificables, logo de deixalo caducar hai uns meses.
Desde o Partido Popular mantemos que non se pode teledirixir o procedemento cara a un funcionario e un ex concelleiro cando “se acredita en base ás nosas alegacións, a desidia e o pasotismo por parte de distintos membros do equipo de goberno socialista e a falta de informes xurídicos especializados na materia”.
Ademais, no expediente faise referencia a unhas reunións de traballo, nas que se trataba precisamente a solicitude de prórroga e outra serie de temas xurídicos, das cales non hai actas, nin datas de celebración nin nada que faga referencia ás mesmas, como recoñece o propio instructor do expediente. Polo que desde o PP enténdese que habería que tomar declaración ás persoas que participaron destas reunións para que poidan explicar “que se falaba nesas reunións, que orde políticas se recibiron e que instrucións se acordaron”.
Non pode ser que se desestimen estas prácticas de probas porque hai que resolver rápido cando se está a falar dunha indemnización de 2,5M€ por culpa da desidia dun equipo de goberno socialista.
Os populares tampouco entenden por que non se investiga a ausencia de informes xurídicos, en canto á solicitude de prórroga ou en canto á resolución ou resposta á solicitude de rescisión de contrato en vía administrativa, nin tampouco se teña en consideración o documento achegado polo Partido Popular, e que falta no expediente, que certifica que se puxo a disposición do concelleiro responsable cun mes e medio de antelación e estivo a dilatar esa sinatura durante un mes e medio sen ningún tipo de causa aparente.
Para os concelleiros do PP queda claro que “Lara Méndez tenta teledirixir o expediente” para tentar culpar a un ex compañeiro de corporación e compañeiro de partido (Daniel Piñeiro) e a un funcionario municipal e librarse ela de toda culpa.
Tentouno desde o primeiro momento senón pola contra non sería ela a persoa que “impulsa e resolve” o mesmo e hoxe é máis que evidente “ao emitir un comunicado cando aínda sen haber terminando nin haber resolto o expediente”, o goberno socialista xa se apura en manipular de novo a información e trasladar informacións dun expediente de investigación todavía en curso.
Para os concelleiros populares “é unha falta de respecto co instrutor do expediente e, especialmente, cara aos implicados no mesmo” que o equipo de Lara Méndez xa traslade esta valoración cando aínda non concluíu a tramitación.
Para os populares chama poderosamente a atención como no comunicado do Concello de Lugo “non se lle dá a gravidade” que si lle dá o instrutor á conduta omisiva por parte do concelleiro responsable do PSOE, don Daniel Piñeiro, na súa completa inacción á hora de impulsar o expediente da Fábrica da Luz e á hora de impulsar o expediente de solicitude de rescisión en vía administrativa, o que provocou a denuncia xudicial, a indemnización de 2.5M€ que se puido atenuar en caso de negociala en vía administrativa.
Para os populares non se entende como Lara Méndez mantén a investigación contra o funcionario ao que se lle acusa directamente dunha responsabilidade que “dende o Partido Popular entendemos que lle correspondería informar a calquera persoa con coñecementos xurídicos, non neste caso ao funcionario con coñecementos claramente técnicos pola súa formación e posto no concello”.
Tampouco se ten en consideración a clara conexión entre o concelleiro socialista e a organización ecoloxista que estaba a boicotear de forma sistemática o proxecto da Fábrica da Luz e o perfecto coñecemento, dado que era público e notorio, da alcaldesa sobre esta conexión.
Tampouco se ten en conta a necesidade de abstención das persoas implicadas no procedemento (Lara Méndez e o asesor xurídico municipal) e sigan informando o mesmo participando.
O Partido Popular puxo esta resposta a disposición do seu equipo xurídico e estamos á espera de tomar unha decisión nos próximos días sobre os seguintes pasos a dar. “Temos claro que este procedemento, dende o primeiro minuto, tentouno teledirixir a alcaldesa para lavarse as mans das súas responsabilidades, cargándolle todas as culpas, un ex compañeiro do Partido Socialista e responsabilizando de todo a un funcionario que cando pedía apoio xurídico denegábaselle por parte do seu concelleiro e do equipo de goberno”.