Economía

El PP valora que los presupuestos de la Xunta incluyan, por primera vez, la intermodal y el desdoblamiento Lugo-Sarria

By 5 diciembre, 2016No Comments

Jaime Castiñeira destaca que las cuentas autonómicas presentadas en el Parlamento contemplan “solo en inversiones directas” para el municipio 24 millones de euros en 2017, a los que hay que añadir otros 55 millones para el centro de drones de Rozas y el desdoblamiento Lugo-Sarria

Entre as novidades, o voceiro popular destaca os 3,6 millóns de euros previstos para a estación intermodal de Lugo, dos que os primeiros 75.000 euros se investirán no exercicio de 2017, 500.000 en 2018, 2,5 millóns de euros en 2019, e 500.000 euros en 2020. Outra cuestión na que tamén haberá avances será no desdobramento e conversión en autovía do treito Lugo-Sarria, actuación á que se destinarán un total de 16 millóns de euros distribuídos en varias anualidades: 250.000 euros en 2017, 4 millóns de euros en 2018, 6 millóns de euros en 2019 e 6 millóns de euros en 2020. Unha terceira novidade atópase no máis de 1,5 millóns de euros que se contemplan, só en 2017, para o programa Rexurbe orientado á estimulación da rehabilitación nos cascos urbanos.

“Son só tres exemplos que amosan o compromiso de Núñez  Feijoo co Concello de Lugo e que se completan con outras partidas orientadas a culminar ou continuar proxectos emprendidos pola Xunta de Galicia en anos precedentes”, destaca Castiñeira en referencia a outros investimentos previstos para 2017 como os 450.000 euros do Plan Paradai, os 150.000 euros para o novo colexio do Sagrado Corazón, os 450.000 euros para o novo CEIP das Mercedes e o 1.638.668 para rematar a reforma do CIFP das Mercedes.

A todas estas cuestións hai que engadir outras que se inclúen en partidas máis xenéricas e que non se desglosan por municipios, como unha reserva de fondos para levar a cabo o estudo e o proxecto da nova residencia de maiores de Lugo (que se inclúe na partida global de maiores), o centro de emprendemento vinculado ao sector aeronáutico que se asentará no municipio ou a conservación e mantemento da muralla romana, entre outras.

O voceiro popular agradece, “de xeito especial”, o respaldo da Consellería de Educación e Cultura que, “novamente”, é unha que máis inviste no municipio con case 7,5 millóns de euros, renovando o seu compromiso coa investigación e o Campus por máis de 1,5 millóns de euros. “Todo iso, sen desmerecer, loxicamente, os 5,3 millóns de euros que consigna a Consellería de Medio Rural para o municipio ou os 3,8 millóns de euros da de Sanidade”, asevera Castiñeira.

Finalmente, o popular tamén ve “moi positivo” para a xeración de emprego na comarca os case 40 millóns de euros que a Consellería de Economía destina para o centro de drons de Rozas, para o cal se orzamentan en 2017 8,3 millóns de euros.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies