- Os populares presentan un rogo con varias peticións como son implementar medidas para identificar os vehículos da veciñanza da zona para que poidan estacionar, solucionar problemas de drenaxe e eliminar o cableado de fachada
- Os populares lamentan falta de planificación nas obras de peonalización da Calzada da Ponte que se inauguraron en decembro sen ter pechado o sistema para facilitar o estacionamento e o tránsito de vehículos dos residentes por esta vía que comunica a rúa Santiago ata a Ponte Romana.
- Solicítase que se poña en marcha un sistema mediante rexistro, tarxeta ou similar que identifique os vehículos dos residentes para que poidan estacionar sen risco de que reciban multas.
- Na actualidade existe a sinalización para que só poidan estacionar os vehículos dos residentes pero o Concello non implementou ningún sistema para identificalos. Nese senso tamén solicitan un mecanismo para garantir o acceso a non residentes a recoller a persoas, recoller ou entregar mercancías ou tarefas similares.
- Os residentes desta vía solicitan que se lles autorice poder circular por debaixo do paso soterrado da Ronda do Carmen e piden que se indique a excepcionalidade de paso para a veciñanza.
- Os residentes demanda que se cumpra o compromiso do goberno local coa veciñanza da Calzada e se soterre o cableado, unha operación que figura no propio proxecto da obra.
- Tamén piden que se dea unha solución aos problemas de drenaxe que hai xa que tan só se deixaron 2 arquetas transversais de recollida de pluviais ou escorrentia, o que provoca que en días de abundantes precipitacións se forme unha riada de auga.