El viceportavoz popular, Antonio Ameijide, considera que el hecho de que aún no se hayan empezado las obras de renovación de servicios y pavimento en Casás adjudicadas el 7 de noviembre es “un termómetro perfecto” de la “lentitud y parálisis municipales”
O vicevoceiro do Grupo Municipal do Partido Popular, Antonio Ameijide, cualifica de “inédito” que o Concello de Lugo leve dende hai tres meses con obras adxudicadas para catro rúas do barrio de Casás (Orquídea, Castiro, Monte Penarrubia e Francisco Moure) pero que “a día de hoxe seguen sen comezar”.
Tal como explica, trátase da renovación de servizos e pavimentación neste barrio, por un importe de 115.494,50 euros (IVE incluído), adxudicada o 7 de novembro de 2016 e formalizado catro días despois. “Dáse a circunstancia paradoxal de que o prazo de execución é de tres meses, exactamente o mesmo tempo que leva o goberno municipal sen comezar a executalo”, detalla Ameijide, para quen “este caso é o termómetro perfecto da lentitude e a parálise municipais”. “O máis preocupante é que non se trata dun caso illado ou dunha excepción, senón que esta é a tónica dominante que se traslada ao resto de barrios do municipio e ao resto dos concelleiros do goberno local”, valora.
Así mesmo, o vicevoceiro popular destaca que “á vista destes ritmos de traballo, non resulta extraño que a alcaldesa continúe a vivir das rentas e do plan de investimentos que PP e PSOE pactamos en 2014”. Nesa liña, Ameijide subliña que “é certo que con López Orozco nos queixabamos de que o Concello de Lugo funcionaba demasiado lento, pero é que con Lara Méndez directamente non funciona”, algo que é “facilmente imputable” ás circunstancias nas que a socialista se fixo coa alcaldía: “sen ser de Lugo, sen poder votarse a si mesma por non estar censada no municipio e sen ter o máis mínimo interese por ocupar o cargo”.
Por último, o popular ironiza con que “na etapa de oposición a Orozco poderiamos dicir que este comportamento se debía ao interese do socialista só por mellorar as rúas do centro, pero é que coa alcaldesa nin sequera esas coida”.