La portavoz del Grupo Popular, Elena Candia, junto con el concejal responsable del área de Servicios sociales, Gustavo Díaz, participaron en una mesa de trabajo a la cual asistieron asociaciones y entidades sociales que trabajan con colectivos migrantes
O Grupo Municipal ofrecerá atención individualizada ás persoas que son de diferentes países e que residen en Lugo para “canalizar as súas peticións e facilitarlles o contacto coas administracións e as entidades sociais que traballan con esta poboación”.
Dentro da dinámica de traballo do Grupo Popular vanse organizar Mesas temáticas de traballo a primeira delas, a da migración, quedou onte constituída e estará coordinada por Gustavo Díaz que é o concelleiro responsable da área de benestar social, migración e voluntariado.
Elena Candia explicou que “o coordinador desta Mesa ten gran experiencia co tecido asociativo de ámbito social, primeiro pola súa vinculación con entidades como a AECC, segundo, pola súa formación xurídica especializada e, terceiro lugar, pola súa actividade de voluntariado en diferentes ámbitos”.
Os populares ven necesaria a creación no Concello dunha oficina especializada de atención á poboación migrante, un servizo que a xuizo dos populares “é imprescindible para ofrecer información sobre programas formativos, orientación e seguimento dos procesos de inserción ou intervencións sociofamiliares”.
Dentro da dinámica de traballo que levará a cabo o Grupo Popular, cunha escoita activa permanente, se habilitará un horario para atención individualizada para o colectivo de migrantes co ánimo “de crear un fío directo de comunicación entre os colectivos de migrantes e as administracións ou entidades sociais que promoven accións con eles”.
GUÍA DE RECURSOS
As entidades que asistiron ao encontro insistiron “na creación dunha guía dos recursos sociais e dos programas que ofrecen as diferentes entidades do municipio para migrantes co obxecto de ter identificadas as funcións de cada asociación e, deste xeito, cubrir os baleiros que hai e así dar solucións ás necesidades reais desta poboación”.
Dende o Grupo Municipal participaremos de forma activa na elaboración deste documento xa que consideramos que “esta radiografía dos recursos que existen en Lugo optimizará e ordenará os recursos e permitirá desenvolver un traballo en rede máis eficaz”.
CONSELLO LOCAL DE SERVIZOS SOCIAIS
O PP tamén suxiren que se recupere o Consello local de Servizos Sociais, desactivado dende hai máis dunha década, para poder dar unha participación real nas políticas sociais ao tecido asociativo que traballa neste eido.