El PP acusa al bigoberno de Lugo “de posible falsedade documental” y pide el amparo del interventor y secretario para que acrediten que “el listado de contratos menores de 2020 que están publicados en el Portal de Transparencia son reales y cumplen con todos los datos exigidos por la legislación” ya que “estamos hartos de los chanchullos de Méndez, PSOE y BNG con continuos fraccionamientos de contratos, opacidades y desvíos de fondos”
O PP acusa ao goberno local de falsidade de documento público e de facer desvíos de partidas que logo non reflicten na listaxe de contratos menores que teñen que publicar no portal de transparencia do Concello. O Vicevoceiro popular Antonio Ameijide anunciou que solicitarán que o interventor e secretario informe sobre se os datos que se publican no Portal de Transparencia se corresponden coa realidade
Os populares fan estas declaracións logo de que o concelleiro de desenvolvemento local afirmase que cambiou o destino dalgunhas partidas como as das sombrillas para a terraza do CEI Nodus “onde segundo unha certificación difundida polo propio goberno local se indica que os 6.388,80€ foron destinados para equipos de control para bombeiros e compra de equipamento informático, pero que consultado de novo o listado non se atopan as facturas ás que alude o concelleiro na súa terceira vez sobre o asunto”.
Os populares pregúntanse “cantos casos máis hai de desvios de fondos de contratos menores” e “porqué só xustifica as sombrillas, onde están os 5989,50 € dos toldos, vinilos, mupis 10.288,16 € que tamén orzamentaron”. Para os populares é de “extrema gravidade o que está sucedendo en Lugo” e sospeitan que “todo responde a que PSOE e BNG que ocultar xa que podería haber outras partidas na mesma situación”.
Ameijide explicou que “as versións contradictorias só poden responder ao nerviosismo de alguén que algo ten que ocultar. Cada día que pasa o bigoberno enreda máis o asunto: estamos faltos de chanchullos, fraccionamentos e da opacidade do PSOE e do BNG na xestión dos contratos menores”.
O PP lembra como a lei de contratos recolle a obriga de publicar todas as modificacións que se fagan matizando que “todo apunta a que colgaron no portal de transparencia unha listaxe para sair ao paso logo de que a Valedora do Pobo os obrigase a dar este paso”.
Con respecto ao que ocorreu onte durante a rolda de prensa que celebramos nos xardíns do CEI Nodus non cre un precedente no futuro. “A irrupción dun concelleiro socialista na rolda de prensa é unha falta de respeto institucional e o máis grave é que en vez de disculparse o bigoberno utilice excusas vergoñentas e absurdas como que saín do edificio e vinnos .. e acerqueime para saudalos”. O Partido Popular “non vai a entrar na provocación non é nin o noso estilo, nin tampouco cremos que aporte nada á política local” ainda que semella que “hai partidos dispostos a utilizar esta estratexia para boicotearnos”. Con actitudes como estas nos reforzan e animan a seguir no mesmo camiño xa que “o seu nerviosismo delátalles ademáis de volver a presentar documentos de facturas que no figuran no listado facilitado”.