El portavoz del Grupo Municipal del PP Antonio Ameijide explica que en estos cuatro años el gobierno socialista de Lara Méndez en el le prestó ningún tipo de atención a uno de los pulmones de la ciudad, lo que se tradujo en una imagen de “abandono y tristeza” en todos los rincones del parque
O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, asegurou que un dos pulmóns da cidade, como é o parque de Frigsa, está “botándose a perder” debido á ausencia de xestión e preocupación por parte de Lara Méndez nesta zona.
Antonio Ameijide sinala que os lucenses que se achegan ata esta zona para pasear por unha zona verde o que levan é unha imaxe de “abandono e tristura” porque non se coidou nada neste parque nos últimos catro anos. Abondan as zonas verdes que precisan dunha intervención inmediata, as xardineiras están rotas ou a piques de romperse, o pavimento está moi deteriorado en case todo o parque, as beirarrúas precisan dun arranxo urxente, as zonas de xogo infantil necesitan dun lavado de imaxe e aseo inmediato e incluso hai algún burato de grandes dimensións sen pechar, nas zonas polas que camiñan os lucenses.
O voceiro popular destaca que lonxe de ser unha zona de ocio, Lara Méndez converteu o parque de Frigsa nun punto onde depositar todo o material que non serve para o Concello, poñendo como exemplo o kiosko que se retirou da Praza da Milagrosa por mor das obras de peonalización e que se tirou no parque de Frigsa ata “novo aviso”. Ademais, ao carón do kiosko se pode ver unha morea de pedras, que deben ser “restos dalgunha obra ou pedras que se retiraron doutro punto da cidade e se tiraron no vertedorio que é o parque de Frigsa para Lara Méndez”, sen esquecer das marquesinas vellas, que se tiraron por diferentes puntos do parque.
Antonio Ameijide non se esquece doutro dos problema de imaxe do parque de Frigsa: as numerosas partes do enreixado que están rotas, sen esquecer que unha das portas laterais rompeu sen que se repuxese. A este problema se engade a falta de limpeza e aseo, que se pode ver tanto dentro do parque como nos arredores do mesmo.
Para o voceiro popular é preciso “un plan de acción” para mellorar a imaxe do parque de Frigsa e que volva a ser ese lugar de ocio e de paseo para todos os lucenses, unha zona que nas dúas décadas pasadas era un dos puntos neurálxicos da cidade e que co paso do tempo e dos gobernos socialistas “foron facendo diminuír a súa importancia e a súa imaxe se foi deteriorando ata o punto de transmitir unha sensación de abandono e decadencia”.