Economía

El PP ve “ridículo” que el gobierno tenga sin ejecutar casi el 90% de las inversiones

By 21 enero, 2016No Comments

El portavoz del Grupo Municipal del PP, Jaime Castiñeira, subraya que a 30 de septiembre de 2015 el Ayuntamiento de Lugo solo había invertido 2,8 millones de euros, “a años luz del que cabría esperar” con una previsión anual de 23,5 millones de euros

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Jaime Castiñeira, cualificou esta mañá en rolda de prensa de “ridículo” o grao de execución dos orzamentos, de acordo coa documentación da liquidación do terceiro trimestre de 2015.

Deste xeito, o popular aclarou que a 30 de setembro do ano pasado só se pagaran 2.810.326,24 de investimentos reais, unha cifra “a anos luz” do que cabería agardar tendo en conta que o orzamento anual para este capítulo era de 23.487.859,04 euros. “Isto supón menos dun 12%”, destacou Castiñeira, para quen é “inadmisible un nivel tan pésimo de execución, máis aínda tendo en conta que os investimentos contemplados xa eran ben reducidos”.

Ademais, Jaime Castiñeira opinou que “isto demostra que en Lugo a chegada da alcaldesa non foi máis que un cambio de caras, porque as políticas de parálise e de negarlles aos lucenses o que lles corresponde seguen a ser as mesmas que había ata xuño deste ano”. “Igual que facía a anterior concelleira de Economía, a nova edil desta área tamén presumirá de remanentes de tesourería, que son outra cousa que a consecuencia da súa falta de xestión total e asoluta e da súa incapacidade por sacar adiante proxectos para Lugo”.

Da comparación con anos anteriores tamén se desprende que “estamos diante dunhas peores cifras do período 2011-2015”, xa que os 2,8 millóns de euros investidos a 30 de setembro de 2015 supoñen sete veces menos que os 15,2 millóns de euros rexistrados á mesma altura do 2011.

“En resumo, a liquidación de gastos é unha das mellores probas da parálise e o bloqueo no que está sumido o Concello de Lugo por culpa dunha alcaldesa que nin quería selo nin exerce como tal”, asegurou.

Entre as partidas “con datos especialmente preocupantes” figuran as correspondentes ao Plan Urban, onde a 30 de setembro estaban pendentes de xustificar 2.841.000 euros dun total previsto de 2.928.000 euros; ou a aportación prevista pola Deputación Provincial, da que non hai practicamente nada dos 1.130.000 euros previstos. “Agardemos que na liquidación do cuarto trimestre aparezan estes importes e se poidan recuperar este diñeiro”, aseverou.

Liquidación de ingresos.-

Por outra banda, o voceiro popular contrapuxo a situación da liquidación de gastos coa que reflicte a dos ingresos e, en concreto, coa situación da partida das sancións de tráfico, “onde a 30 de setembro se aprecia un ritmo superior ás previsións”, xa que xa había obrigas recoñecidas netas por importe de 1.806.000 euros. “Recadamos máis en multas que por licenzas ou por outros impostos e taxas que contribúan a dinamizar a actividade económica e a xeración de emprego, que é o que debería mover ao goberno local, non perseguir con afán recadatorio”, concluíu.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies