pleno

El PP ve un insulto que la alcaldesa compare la reinvindicación vecinal del abastecimiento para Esperante con la petición de hacer un Aeropuerto

By 4 noviembre, 2024No Comments

Estas declaracións de Paula Alvarellos tiveron lugar durante o debate da iniciativa que PSOE e BNG votaron en contra para ampliar e mellorar o convenio de saneamento en Esperante incluíndo o servizo de abastecemento.

Para os populares é unha tomadura de pelo e unha ocorrencia que a  alcaldesa equipare a petición dos veciños desta parroquia coa construción dun aeroporto. A voceira popular pediu máis respecto por un servizo básico duns cidadáns que pagan os seus impostos e que carecen del.

PSOE e BNG tamén votaron en contra de acondicionar o aparcadoiro do Campo de fútbol das Gándaras un espazo que se emprega como aparcamento e que está nun estado deplorable. Socialistas e nacionalistas levan anos enganándo á veciñanza sobre a titulariedade deses terreos e cando a verdade aflorou non pudieron negar a realidade e víronse obrigados a facer a xestión com Ministerio de Defensa para poder usar este espazo.

Socialistas e nacionalista tamén tumbaron a creación dunha Oficina de Mediación Municipal para solucionar conflitos de xeito áxil e sen ter que recorrer aos xulgados. Este tipo de servizos funcionan noutros concellos de España para arranxar disputas tanto entre particulares, como entre cidadáns e a administración local.

 

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies