Medio Ambiente

El PP ve “un paradigma del ritmo bananero del Ayuntamiento” la retirada tardía del dique

By 26 octubre, 2016No Comments

 Jaime Castiñeira critica que el gobierno socialista tarde en iniciar el desmontaje del dique “más de un mes después del acuerdo plenario que lo obliga a ello y de una orden del Ministerio que incluye una sanción por más de 200.000 euros”

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular, Jaime Castiñeira, considera que a retirada tardía do dique da fábrica da luz, cuxo inicio está previsto polo goberno local para o día 2 de novembro, “é un exemplo paradigmático do ritmo bananeiro do Concello”.

Para os populares o anuncio realizado onte polos socialistas “non só confirma o que nós dixemos en reiteradas ocasións de que era a responsabilidade do goberno dar solucións ao problema que el mesmo xerou en calidade de promotor da obra e de interesado ao ser quen presentou o estudo de impacto ambiental”, senón que tamén pon de manifesto “a absoluta desconexión do goberno local coas preocupacións dos lugueses”.

Nese senso, Castiñeira asegura que “non ten ningún sentido que os socialistas nos expoñan aos lugueses ao risco totalmente innecesario de ter todo un ano máis esa construción ilegal no río Miño”, dado que “aínda que, por fortuna, se prevé un anticiclón para estes días, non estamos libres de que as chuvias poidan provocar o remate do período de estiaxe”. Así, o popular incide en que “igual que hoxe temos este dique no río por culpa do goberno local, cada día que pase con el será tamén pola complicidade dos socialistas, que non teñen reparos en prexudicarnos a todos os lugueses coa súa actitude e a súa deixadez”.

Deste xeito, o voceiro popular critica que dende o Concello de Lugo “non se dera nin un só paso na práctica para dar cumprimento ao acordo plenario adoptado hai case un mes, o 29 de setembro, nin sequera cunha sanción de máis de 200.000 euros do Ministerio de Medio Ambiente que chegou a comezos de mes á administración municipal”.

Por último, Jaime Castiñeira conclúe que “estamos diante doutra das consecuencias das manobras de Liñares, que continúa a blindar a alcaldesa, quen deberá explicar que intereses defende, porque está claro que os dos lugueses non”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies