Jaime Castiñeira: “el PP no va a participar del fraude ni de las posibles irregularidades” en las que incide el informe de Intervención en materia de Personal y contratos, puntos que avalan quienes votan a favor y se abstienen”
O Grupo Municipal do Partido Popular votou esta mañá en contra dos orzamentos municipais de 2016 por seren “cuestionados, irreais e virtuais”, xa que “están feitos ao revés porque soben os impostos e os gastos correntes e baixan os investimentos”.
Durante a súa intervención plenaria, o voceiro Jaime Castiñeira asegurou que “o PP non vai participar da fraude nin das posibles irregularidades” nas que incide o informe de Intervención, “puntos que si avalan quen votan a favor ou se absteñen”. Nese senso, apuntou que en materia de Persoal neste documento sinálase que ante a ausencia por parte do Servizo de Persoal, de estimación do gasto relativo á coste de seguridade social aplicable ao Concello, aplícase unha estimación en torno ao 30% do gasto das retribucións brutas previstas, tendo en conta tanto a existencia de vacantes en cada área como a propia execución derivada da liquidación do exercicio 2015. Ademais, este informe apunta que cómpre resaltar a falta de idoneidade da plantilla orzamentaria como instrumento de planificación dos recursos humanos da organización polo seu carácter estático e vinculación co orzamento, ao tempo que recolle que o cadro de persoal incorporado ao Anexo de Persoal debe ser consecuencia da Relación de Postos de Traballo e non ao contrario. Así mesmo, subliña que non consta tampouco no informe remitido polo servizo de persoal a análise relativa ao cumprimento dos límites establecidos na normativa relativa á Lei 48/2015 de Orzamentos do Estado para 2016 respecto do seu artigo 20.
Outra batería de consideracións do interventor municipal está relacionada coa situación na que se atopan contratos de servizos caducados. En relación aos da auga, afirma que cómpre lembrar a necesaria situación de irregularidade administrativa que motiva a sucesión de reparos desta Intervención e que esixe a incoación pronta dos expedientes para proceder á súa subsanación. Noutro punto destaca que cómpre lembrar a relevancia da incoación de expedientes de contratación de subministros (combustible, enerxía eléctrica) e servizos (mantemento de instalacións).
Orzamentos virtuais e de chiste-
Noutra orde de cousas, Castiñeira tamén incidiu en que son uns orzamentos “virtuais e de chiste”, porque “se supeditan totalmente ao financiamento doutras administracións, que haberá que ver se cumpren ou non”. Así mesmo, incidiu en que “o orzamento de 2016 non só contempla os investimentos máis baixos dos últimos cinco anos senón que o capítulo 241 de fomento do emprego cae dos 7,8 aos 5,4 millóns”.
Respecto do acordo entre PSOE e Lugonovo, o popular ironizou con que “é normal que o primeiro que recollan é un estudo da realidade social de Lugo porque nin un nin o outro coñecen o municipio” e subliñou que “ben fácil de contentar é Lugonovo cun plan de promoción turística de 2.000 euros ou coa instalación dun contedor accesible”. “Pero o certo é que aproban uns orzamentos con menos de 6.000 euros de media para cada parroquia e nas que os investimentos estrela son 50.000 euros de mobiliario para unha biblioteca que leva catro anos paralizada e unha varanda de 120.000 euros para a vella cárcere”, manifestou. Por último, o popular tamén expuxo que este debate “chega seis meses tarde, porque o 15 de outubro deberan ter sido remitidos ao pleno, como establece o texto refundido da Lei de Facendas Locais”.