El Partido Popular solicita al gobierno local que inicie las gestiones oportunas con la entidad propietaria de los terrenos del actual colegio del Sagrado Corazón (Abanca) con el objetivo de garantizar que, en 2018, cuando acabe el convenio de cesión de los terrenos y los equipamientos para los usos educativos pasen a ser de titularidad municipal y tengan uso público.
“O que queremos é que esas dotacións se transformen en equipamentos para o barrio, como poden ser un novo centro de saúde, unha pista polideportiva aberta, unha praza pública, locais para asociacións de tipo social, veciñal e xuvenil … ”, explicou Jaime Castiñeira.
O popular salientou que urxe iniciar as conversas coa entidade bancaria propietaria dos inmobles xa que “queda un curso académico para que venza a cesión de Abanca polo que é hora de que o goberno teña unha idea clara do que quere facer con eles”.
O voceiro dos populares indicou que no vindeiro pleno pedirá o apoio á corporación a unha iniciativa na que“instan ao goberno municipal a iniciar, de forma urxente, a negociación co titular das instalacións de uso educativo do Sagrado Corazón para avanzar na súa cesión ao Concello de Lugo. Unha vez que estas dependencias pasen a ser de titulariedade municipal se realicen os estudos necesarios para determinar se neste espacio é viable, entre outros usos, instalar o novo Centro de Saúde do barrio”. O voceiro popular indicou que hai que “analizar si algún dos actuais edificios se adaptan para un uso sanitario ou ben se é preciso construír nesa superficie outro novo edificio”. O popular matiza que, no caso no que non se adecúe o espazo existente para este uso sanitario, o goberno local ten a obriga de buscar outros terreos no barrio para poñer a disposición da Xunta e tramitar a construcción dun novo centro de saúde.
Os populares solicitan aos socialistas “pasos firmes” con este proxecto para configurar e mellorar o barrio lembrando que o seu grupo “leva anos liderando a creación de novos equipamentos para o barrio”. Para Castiñeira hai que evitar demoras inxustificables “como a falta de vontade dos socialistas para entregar os terreos edificables á Xunta para o novo colexio Sagrado Corazón”.
Castiñeira indicou que “cunha planificación axeitada o barrio conseguiría unha dotación sanitaria máis moderna, espaciosa e accesible así como gañaría espazos públicos para ocio e fomento do asociacionismo”.