Economíatransparencia

Alvarellos se ausenta 2 horas y Arroxo levanta los reparos de facturas por valor de 180.000 €

By 14 diciembre, 2024No Comments

O xoves día 12 de decembro, ás 12 da mañá, chega unha comunicación a todas as dependencias municipais anunciando que a alcaldesa, Paula Alvarellos estaría ausente desde as 17.00 e ata as 23:59 horas.

Se xa era sospeitoso este anuncio, cando a axenda da alcaldesa é pouco transparente en horario de mañá, máis desconcertante resulta que chegue un segundo correo electrónico, rectificando ao anterior e reducindo a ausencia da alcaldesa de 17 a 19 horas. O que non cambia dun correo a outro é que a alcaldesa delega en Rubén Arroxo as súas funcións coma máxima autoridade da cidade.

É chamativo que sexa xusto ás 19.00 horas cando o voceiro do BNG, Rubén Arroxo, que exerce coma alcalde en funcións, por delegación expresa de Paula Alvarellos,  firma tres decretos nos que levanta o reparo de legalidade sobre unha serie de facturas correspondentes a servizos dirixidos polo Bloque Nacionalista Galego, de distintas datas e proveedores, que suman a cantidade de 181.838,91 euros, dos cales corresponden á área de Cultura 174.160,71 euros

A voceira popular subliñou que “esta práctica de pagar facturas incumprindo a lei é demasiado habitual no bipartito de Lugo” contabilizando que neste 2024 se tramitaron desta forma máis dun cento de facturas.

A voceira popular afeou a forma de actuar de PSOE e BNG “é unha actitude pouco estética e ética” e seguen ignorando os informes de intervención dos últimos anos nos que reiteira que se están engrosando os gastos, acabando co aforro neto (no ano 2021 era de 17.5M€ e se reduciu a 1M€ en 2023 ; dilapidaron os remanentes de tesourería (dos máis de 50M€ de 2019 pasaron a 1M€ en 2023)  e que, en definitiva, a situación económica vai á deriva sen adoptar ningún tipo de medidas correctoras tal e como se lles solicitou

Elena Candia insiste en que “o goberno podería facer un esforzo e así non trasladarllelo aos lucenses nunha suba de impostos para corrixir este descalabro económico” puntualizando que “se este tipo de contratos se fixeran respectando a lei permitirían a libre concorrencia e os prezos poderían ser máis competitivos”

Co levantamento dos reparos de legalidade desoien a advertencia dos técnicos municipais que sinalan posibles irregularidades como son fraccionamento irregular, incumprindo o artigo 99.2 LCSP; non consta procedemento de licitación e/ou excédese dos limites cuantitativos e/ou temporais de contrato menor, vulnerando os artigos 118 e 29.8 LCSP; contratos prorrogados tacitamente unha vez rematados, carecendo de cobertura xurídica e incumprindo o disposto nos artigos 29.2 e 1.1 LCSP; omisión do procedemento de licitación para contratos menores, recollido no acordo da XGL de 13.02.2022. ou outros incumprimentos que implican a omisión de trámites legais esenciais para o procedemento:

N° 110734: Licítase contrato menor con invitación sen xustificar esta circunstancia restrinxindo a concorrencia

N° 110965: Licitase contrato menor con invitación sen xustificar esta circunstancia restrinxindo a concorrencia

N° 111360: Trátase de gastos realizados para unha actividade dun terceiro (evento Feria L de Lugo) que requiriría daraccionamentos de contratos, contratos prorrogados tacitamente unha vez rematados, outros nos que non consta procedemento de licitación, ou excedese dos límites …)

 

Desconfianza e falta de entendemento

 A popular concluía que “o sucedido o pasado xoves proba que hai unha clara desconfianza e falta de entendemento entre socialistas e nacionalistas e que estamos diante dunha manobra que delata que uns non se fían do que fan os outros e que non queren asumir responsabilidades de facturas que se firman con reparos.

Dende o Partido Popular pedimos que se cumpran os informes, que rectifiquen, e que se respecten as advertencias de intervención xa que “o único certo desta situación é que a falta de transparencia e de rigor no manexo dos cartos públicos por parte do bipartito suma un novo capítulo nunha xa longa lista de despropósitos”

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies