Son unhas contas que: priorizan o benestar das persoas, reforzando servizos públicos como sanidade e servizos sociais destacando o investimento de 1,3M€ para dar un uso ao antiguo edificio de APNAIS; apostan polo emprendemento e á creación de emprego e aseguran fondos para continuar cos compromisos adquiridos en anos anteriores”
Salientar o incremento dun 15% en política social, con respecto ao ano anterior, ata acadar 52,5M€ de investimento total nesta Consellería demostra o compromiso firme da administración autonómica coa nosa cidade.
Os orzamentos da Xunta con Lugo mellorar a atención aos maiores usuarios das residencias se destinan: 4 M€ para a remodelación da residencia de As Gándaras (logo de investir 2M€ o ano pasado); 1,4M€ remodelación da residencia de maiores da Milagrosa.
Asemesmo figuranunha partida de 7 M€, un 19% máis que no anterior exercicio, para bonos de dependencia para os nosos maiores
Tamén no eido da conciliación indicar que 1.300 cativos e cativas lucenses beneficiaranse, por terceiro ano consecutivo, da gratuidade das escolas infantis e, por último, hai unha resera de 500.000 € para o novo centro de crise 24H para atención ás vítimas da violencia de xénero
Outros investimentos que reforzan a mellora de servizos públicos son o 1,3M€ para a reforma integral do Centro de Saúde da Milagrosa así como o impulso del Centro de Sagrado Corazón con orzamento na partida de equipamentos e obras de centros de atención primaria.
A voceira do Grupo Popular Elean Candia insiste en que o modelo de cidade que defende o Partido Popular para Lugo, centrado nas persoas, está presente en cada partida do orzamento. “A creación de emprego e atracción de empresas xunto coa mellora de infraestruturas e o acceso á vivenda son fundamentais para o benestar da cidadanía” engadindo que “esas prioridades se apuntalan neste orzamento da Xunta”
A popular refírese, entre outros investimentos, aos 4,7 M€ para a ampliación do parque empresarial de As Gándaras ou os 12,1 M€ para vivenda pública
Se aspiramos a que o Concello sexa motor da provincia é necesario dar un pulo ás infraestruturas, por iso é moi importante destacar os 6,2 M€ que presuposta a Xunta para impulsar a Estación Intermodal de Lugo, unha infraestrutura estratéxica para acadar a plena integración da estación de autobuses coa ferroviaria. Agora ten que acompañar o Goberno do Estado para levar o AVE en tempo e forma e así deixar de ser unha das poucas cidade de 100.000 habitantes sen tren de alta velocidade.
A voceira popular tamén salientou diferentes partidas que son necesarias para continuar cos compromisos adquiridos enumerando entre outras: a segunda anualidade de 1.6M€ para a rehabilitación integral do IES Lucus Augusti; 4M€ (período 2022/25) para promover o Campus Terra; 000 euros paro Centro de Formación Profesional Ocupacional de Lugo; 500.000 € mellora das conexións no Plan Paradai, 360.000€ en accións de restauración da muralla
No capítulo de deportes figura o 1,6 M€ para a reforma do estadio lucense Anxo Carro cuxo investimento é de 3M€ que se distribuirá en dúas anualidade, un investimento que exemplifica a vontade da Xunta en seguir mellorando infraestruturas deportivas da cidade.
A voceira popular reflexionaba que “fronte ao modelo do goberno local , empeñado en proxectos sen valor engadido aos lucenses, os orzamentos da Xunta poñen o foco no que realmente importa: o benestar e o futuro das persoas”