EconomíaPresupostos

Los presupuestos de 2025 confirman que el gobierno local presume de lo que carece

By 24 enero, 2025No Comments

A voceira popular explicou que os orzamentos de 2025 reflicten “unha xestión marcada pola improvisación, a falta de ambición e o alonxamento das prioridades reais dos lucenses. Socialistas e nacionalistas intentan vender unha imaxe de rigor e equilibrio pero a análise detallada das contas poñen en evidencia deficiencias estructurais e estratéxicas”.
Desmontando as mentiras de PSOE e BNG
Na rolda de prensa a voceira popular analizou os informes que acompañan o proxecto de orzamentos no que se desminten, un por un, os calificativos de “ilusionantes” e “realistas” cos que o goberno local, presentaba esta semana os orzamentos:
• Non son uns orzamentos “ilusionantes”: Con 9,97 M€ de investimentos, é a cifra máis baixa dos últimos sete anos, marcando un retroceso en lugar dun avance.
• Non son uns orzamentos “realistas”: Os informes alertan de previsións excesivamente optimistas, especialmente no ámbito da inspección tributaria, onde xa se demostraron resultados decepcionantes en 2024.
• Calidade dos servizos: traballan con falta de planificación. Non hai estudos económicos reais que avalen melloras nos servizos.
• Reequilibrio financeiro: O goberno incumpre a regra de gasto e, ante a falta de ingresos, recorre a créditos. Isto obriga a un dobre esforzo aos lucenses: máis impostos no presente e débedas para o futuro.
O orzamento que o goberno local presentou como positivo non se sostén cos datos xa que “nin tan sequera apuntala os obxectivos que se marcaron na súa presentación”.
1. Non loitan contra as desigualdades
• Nun contexto no que o goberno local presume de orzamentos sociais, evidenciase unha desigualdade no reparto das subvencións nominativas. Unha asociación veciñal recibe unha cantidade dez veces maior que entidades de gran relevancia social como ALUCEM, asociación do Cancro ou a Asociación Galega de Hemofilia; ou multiplica por dous as achegas a ASPACE, AFALU, ADACE, ou recibe 4.000 € máis que ASPNAIS, unha entidade de referencia. Este reparto amosa que o PSOE e o BNG priorizan intereses políticos, deixando de lado ás persoas. Outro exemplo de que esquecen ás entidades sociais é que teñen conxeladas, por undécimo ano consecutivo, as axudas para estes colectivos.
2. Non hai unha rexeneración dos barrios.- Evislusa segue sendo unha plataforma infrautilizada. Chegamos á promesa número oito sobre a rehabilitación da Milagrosa con cero realidades.
3. Non apuntalan o dinamismo económico. É un goberno que non ten solvencia para investir porque a maior parte o destina ao gasto corrente. Botamos en falta partidas para actualizar o PEPRI.
4. Non fomentan a educación e cultura. Falta un plan estratéxico, dependen de subvencións externas para programas educativos e falta de investimento en infraestruturas e programas educativos sostibles e de calidade.
5. Non potencian o patrimonio natural, non levan partida para o parque Rosalía de Castro e o cinto verde segue sendo unha reivindicación histórica. Nos presupostos de 2023 había unha partida de 3.150.000€, no 2024 nada se fixo, e agora reservan 501.044,24 €
A voceira popular tamén aludiou a proxectos que se recuperan asegurando que acertan cando rectifican xa que ainda que o ano pasado votaron en contra de varias achegas do PP, neste exercicio socialistas e nacionalistas dan marcha atrás en cuestións como: mellorar o acceso da Fervedoira, a cobertura da pista de petanca de Frigsa e “con matices” investimentos para a protectora, polo que recoñecen que hai un problema nas instalacións.
A popular subliñou que todos estes datos matan o relato dos calificativos cos que PSOE e BNG definiron os orzamentos “unhas contas que chegan tarde e que foron pouco respetuosas co Grupo Popular (presentaron antes de facernos chegar os documentos oficiais)”. Candia manifestou que “ainda así seguiremos traballando de forma construtiva e presentaremos achegas para melloralos”.
A popular concluía cuestionando o intento de emendarse Paula Alvarellos a á Paula Alvarellos concelleira “non convence nin se sostén porque siguen coa carreira preocupante de despilfarros, gastos innecesarios e de proxectos que non repercuten de maneira transformadora no noso municipio”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies