Dende o PP recriminan que a alcaldesa de Lugo, que se presenta como defensora da lealdade institucional, non facilitase ningunha información nin ao principal grupo da oposición, nin aos representantes dos traballadores. Os populares tamén alertan dunha diminución dun 46,26% no investimento que pasa dos 14.1 M€ no exercicio anterior aos 8M€ de 2025
A presentación dos orzamentos de hoxe tamén deixou claro que Lugo ten un goberno con dous modelos de municipio diferentes o que supón un incremento do gasto corrente que eles mesmos cifraron en 108 Millóns de euros
A información que trascendeu nos medios tamén mostra que os proxectos do bipartito non só non se complementan, senón que carecen de entendemento entre eles, salvo que sexa para acordar que a alcaldesa se ausente durante dúas horas e nese tempo, o tenente de alcaldesa do BNG asine facturas con reparos das súas áreas
Para o PP os orzamentos que se veñen de presentar esixen un dobre esforzo para a veciñanza: por un lado aos lucenses de hoxe, cunha suba de impostos para financiar os malgastos en proxectos que non supoñen valor engadido para a veciñanza (coliving, caldas …) e, por outro, aos lucenses de mañá, logo de que PSOE e BNG decidisen volver a endebedarse “recurrindo a un crédito como solución a súa falta de xestión, hipotecando a futuras xeracións”