El Grupo Municipal del Partido Popular consiguió la unanimidad del pleno para que el gobierno local actualice el inventario de los bienes y derechos del Concello de Lugo y para que se elabore un Reglamento del Inventario General del Concello de Lugo que recoja todos los bienes y derechos municipales para facilitar la gestión de patrimonio del Concello.
A Administración ten a obrigación legal de regular de forma eficiente o seu patrimonio o que supón un dos principais retos da xestión pública, todo iso en base ao artigo 132 da Constitución, así como na Lei 33/2003, do 3 de novembro, do Patrimonio das Administracións Públicas (LPAP).
Igualmente hai normas que obrigan ás Entidades Locais a formar inventario e á súa rectificación anual, situación esta que non está a suceder na actualidade, por tanto incúmprese de forma flagrante a Lei 5/1997, do 22 de xullo, reguladora da Administración Local de Galicia e o Real Decreto Lexislativo 781/1996, do 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de Réxime Local.
O inventario segundo o Real Decreto 1372/1986, do 13 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais, debe documentar os dereitos que se manteñen sobre eses bens, a descrición das súas características físicas e funcionais coa súa valoración. Este mandato normativo tamén é obxecto de incumprimento por parte do Concello de Lugo porque non figuran datos como os superficie das leiras rústicas, así como a valoración de moitas delas e o aproveitamento das mesmas; a identificación dos lindeiros; a natureza dos inmobles; as características dos edificios no relativo á súa construción e estado de conservación; os límites, lonxitude e anchura das vías públicas; a data de adquisición e custo dos vehículos; a inexistencia de inventarios de bens mobles de carácter histórico ou artístico e de valores mobiliarios, etc
En definitiva a existencia dun inventario completo do patrimonio do Concello de Lugo, así como un Regulamento que recolla todos os seus bens e dereitos son unha ferramenta imprescindible para unha xestión integral e eficaz do Patrimonio, non só para controlar as unidades físicas e as características administrativas dos bens, senón tamén como axuda para a toma de decisións referentes a asuntos tales como: adquisicións e arrendamentos de inmobles, reparacións e conservación, infrautilización de edificios, determinación do custo dos programas ou servizos.
Por todo elo o Grupo Municipal Popular considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal ACORDE:
- Incoar o expediente para aprobar a rectificación e actualización do inventario dos bens e dereitos desta Corporación, de conformidade cos artigos 86 do Real Decreto Lexislativo 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido das Disposicións Legais Vixentes en materia de Réxime Local e 34 do Real Decreto 1372/1986 do 13 de xuño polo que se aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais.
- Que se practiquen cantas actuacións resulten necesarias e se elaboren os documentos procedentes, así como os informes técnicos precisos para a identificación individualizada de cada ben ou dereito ao amparo do previsto nos arts. 20 e seguintes do Real Decreto 1372/1986 do 13 de xuño polo que se aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais.
- Que se elabore un Regulamento do Inventario Xeral do Concello de Lugo que recolla todos os bens e dereitos, incorporando as modificacións normativas en materia de Patrimonio e dese modo facilitar a xestión do patrimonio do Concello.