Proposiciones

Plan de reordenación del tráfico del Barrio A Ponte | 28-04-16

By 29 abril, 2016mayo 2nd, 2016No Comments

El Partido Popular consigue el apoyo de la corporación para que se elabore un plan de tráfico para mejorar la seguridad vial del barrio de A Ponte

Texto Completo

Nos últimos anos o barrio da Ponte sufriu un drástico cambio na regulación do seu tráfico e o seu entorno, por mor da peonalización da ponte vella e a apertura da nova ponte sobre o río Miño cos seus correspondentes accesos ao barrio.

Aos citados cambios únenselle, que a cidade de Lugo conta desde setembro do ano 2015, cun novo enlace coa A-54, á cal se pode acceder desde a estrada vella de Santiago a través dunha nova rotonda que á súa vez comunica e da acceso ao barrio da Ponte.

Estas obras provocaron numerosos cambios na circulación da zona ao incrementar o volume do tráfico en todo o barrio, e especialmente na estrada vella de Santiago, polo que é necesario elaborar un Plan de Tráfico que recolla  medidas para potenciar a seguridade viaria, mellorar a iluminación e sinalización, así como reordenar o tráfico no barrio e adaptalo á nova intensidade de circulación.

Os cambios en materia de tráfico que se apliquen no barrio da Ponte deben afectar tamén o acceso á  Ponte Branca dende Rego da Laxe, estudando a posibilidade de dar prioridade á citada rúa na súa intersección coa Estrada vella de Santiago, dado que a primeira ten unha maior intensidade de tráfico e desa forma atenuariamos os frecuentes atascos que se producen na citada intersección.

O aumento da intensidade da circulación, que afecta sobre todo a parte alta do barrio, tras a apertura da autovía de Santiago; provoca queixas veciñais e un aumento da inseguridade dos peóns, debido á alta velocidade á que circulan os vehículos. Polo que é preciso introducir na estrada vella de Santiago melloras en materia de sinalización, medidas de calmado do tráfico, melloras na iluminación así como un maior control do tráfico na zona.

Outra demanda veciñal encóntrase na mellora da rúa Fermín Rivera con permanentes problemas de atascos e falta de aparcadoiro, sendo necesario buscar unha solución a esta vía, ampliandoa na medida do posible, dotándoa de aparcadoiros, e mellorar a circulación neste entorno.

Por todo elo o Grupo Municipal del Partido Popular considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal ACORDE:

  1. Instar o equipo de goberno a que elabore un Plan de Tráfico no barrio da Ponte que recolla melloras na seguridade viaria, así como estudar as posibles reordenacións de tráfico para evitar os atascos que se xeran na zona.
  2. Instar ao Concello de Lugo e á Deputación Provincial de Lugo a que execute o máis axiña posible as obras anunciadas e comprometidas para a rúa Fermín Rivera.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies