Los populares afirman que “está fuera de lugar” que el PSOE anteponga el criterio económico a la seguridad de los lucenses recordando que “este documento de prevención, en casos de riesgo en el municipio, tiene una antigüedad de 11 años y utiliza una cartografía anticuada y borra del mapa nuevas infraestructuras y barrios completos”
O Partido Popular lamenta “a irresponsabilidade dos de Lara Méndez que hoxe votaron, no pleno, en contra “da revisión, do obsoleto, Plan de Emerxencia Municipal que leva 11 anos sen actualizar e que utiliza unha cartografía anticuada e borra do mapa novas infraestructuras e barrios completos”.
Para os populares esta decisión, que o PSOE intenta xustificar aludindo ao seu custe económico “non é de recibo” matizando que “co seu voto en contra queda retratada a súa despreocupación á hora de planificar as accións en casos de risco non noso municipio”. O concelleiro popular Enrique Rozas asegura que “sempre hai de onde sacar, e iso por non falar do superávit do que tanto presumen unha e outra vez”.
O popular concluiu en que “é moi grave o feito de que os de Lara Méndez antepoñan o custe económico de revisar este Plan de Emerxencia á seguridade dos lucenses”.
Os populares lamentan que a corporación rexeitase elaborar un plan comunicación interna para mellorar o funcionamento do Concello tal e como solicitaban cunha das súas proposicións plenarias. Os populares opinan que co voto en contra de PSOE e BNG “se deu a espalda a unha boa ferramenta para manter aos empregados permanentemente informados involucrándoos na resolución dos problemas, do día a día, do Concello”. Ameijide lamenta que “a alcaldesa insista en pechar os ollos e rexeite de plano unha nova oportunidade de mellorar a relación cos traballadores”.
O PP forza á alcaldesa a convocar unha xunta de voceiros para tratar aspectos relativos á nova lei europea de protección de datos que será aplicable a partir do 25 de maio. Antonio Ameijide matizou que “dado o carácter da información que se manexa dende o Concello a alcaldesa debería facer un especial esforzo para axustarse a esta nova normativa”. Un dos aspectos nos que insistiu, durante a súa intervención, foi “na urxencia de designar un delegado de protección de datos antes de esgotar o prazo para adaptarse ao Regulamento Europeo” lamentando “a desidia de Lara Méndez que tivo dous anos para formalizar este trámite”.
Falta de ideas
Os populares déronlle un tirón de orellas tanto a Lugonovo como ao BNG por presentar no pleno iniciativas que xa se debatiron hai uns meses no salón de sesións a instancias do Grupo Popular. “Aquí hai un problema ou ben de falta de ideas ou ben de pouca memoria e orixinalidade por parte de Lugonovo e BNG”, aclarou o voceiro popular quen pediu máis traballo para ambas formacións.