EconomíaInfraestructurasMedio Ambiente

El PP acusa a Lara Méndez y Daniel Piñeiro de dinamitar la Fábrica da Luz y convertirla en el nuevo Garañón de Lugo

By 24 octubre, 2017No Comments

El portavoz del Grupo Municipal del PP Antonio Ameijide asegura que las indemnizaciones que el Concello podría tener que pagar a la adjudicataria podrían superar los nueve millones de euros, ya que la empresa solicitará el resarcimiento de los daños y perjuicios producidos de forma emergente, el lucro cesante, así como el pago de los intereses de demora y la devolución de la garantía, algo por lo que los socialistas tendrán que dar en el pleno del jueves las explicaciones oportunas

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, acusou directamente a Lara Méndez e a Daniel Piñeiro de “dinamitar” o proxecto da Fábrica da Luz e así convertelo no novo Garañón de Lugo, que lle pode custar a todos os lucenses máis de nove millóns de euros en indemnizacións. Unha cifra “moi importante” para o Concello de Lugo, que haberá que engadir ás indemnizacións polo caso Garañón, o que “hipotecará as actuacións dos vindeiros gobernos de Lugo”.

Antonio Ameijide fixo esta valoración despois de coñecer que Inca, a empresa concesionaria da explotación da Fábrica da Luz, pedíu por escrito a resolución do contrato e unha indeminización xa que segundo argumentan dende a empresa “máis dun ano e medio despois de iniciar as obras, a empresa non puido finalizalas, polo que por causas alleas á empresa non puido comezar a fase de explotación nos termos e condicións establecidos na concesión”. Ante a “mala actuación e pasotismo do Concello” a empresa solicitou a resolución do contrato, na que piden unha indemnización na que se inclúan os danos e perxuízos producidos de xeito emerxente e o lucro cesante, así como o pagos dos intereses de demora e a devolución da garantía.

Neste senso, o voceiro popular non dubida á hora de cualificar este caso como o “novo Garañón” xa que podemos estar ante unha indemnización superior aos 9 millóns de euros, xa que o lucro cesante a indemnizar serían os 240.000 euros anuais de beneficio que estimaba a empresa na documentación do expediente, durante os 38 anos da concesión. A isto engaderíanse os danos e perxuízos, a inversión realizada e a garantía da obra.

Para Ameijide o proxecto da Fábrica da Luz nunca tivo “interese” para o goberno socialista de Lugo, algo para o que “chega con ver a súa actuación” durante os últimos, nos que “nin atenderon as peticións de da empresa para poder actuar na zona e fixeron oidos xordos aos requerimentos da Hidrográfica”.

O popular lamenta que “non importa de que tema falemos, a actuación dos socialistas é a mesma: inacción total”. Ameijide fai esta valoración despois de coñecer que no prazo de execución das obras “a Confederación Hidrográfica Miño Sil remitíu varios requerimentos ao Concello que non foron atendidos, incluso un deles remitiuse á atención de Lara Méndez, que debería explicar por que non o atendeu”. Incluso, incidíu Ameijide, ten que explicar “por que me negou en persoa ter recibido requerimento algún do presidente da Hidrográfica para emitir a petición de prórroga”.

Pero o voceiro popular tamén explicou que “o concelleiro de infraestruturas non actuou como debería, dilatando ata o exceso a sinatura de documentos de vital importancia para o avance dos traballos”.

Ameijide pensa que o obxectivo dos socialistas era “torpedear” o proxecto da Fábrica da Luz, algo para o que se apoioa en que “Daniel Piñeiro non acudíu a xuntanzas ás que estaba citado na sede da Hidrográfica en Ourense, sendo o único interlocutor válido para esta obra”. Un auténtico “sin sentido” xa que dende en 7 anos o proxecto pasou por 43 departamentos diferentes de varias administracións, o que “supuxo un enorme custo e agora poderíamos perder todo o traballo e, por riba, ter que indemnizar”.

Por iso, Ameijide foi contundente á hora de asegurar que “Piñeiro terá que explicar este xoves no pleno todo o relacionado coa Fábrica da Luz e, de xeito minucioso, por que o documento para solicitar a prórroga estivo estivo dende o 30 de setembro na súa mesa para que o asinara e non o presentou ata o 11 de novembro. Iso xudicialmente ten un nome. Él no quixo asinalo e non hai máis”. Pero ademais, “terá que explicar por que a liña que segue neste eido o goberno local é a mesma que unha organización ecoloxista á que él mesmo pertence. Que intereses defende?”.

Incluso, o Concello de Lugo vén de perder a primeira batalla xudicial pola non concesión da prórroga ao proxecto. Ameijide explicou que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia non da a razón ao Concello xa que non realizaron a petición segundo marca a normativa vixente. Unha resolución apoiada pola Avogacía Xeral do Estado que nun informe asegura que “no punto 2 se establece que a solicitude de prórroga, acompañada da documentación xustificativa, terá que presentarse ante o Organismo de cuenca cunha anterioridade mínima de dous meses á data na que expire o prazo cuxa ampliación se solicita”, algo que, segundo o exposto por Ameijide “non cumpríu o Concello en ningún momento”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies