El portavoz popular Antonio Ameijide solicita a la alcaldesa “que cumpla de inmediato con la sentencia que apremia al Concello de Lugo a derribar el Garañón” criticando “el intento de la regidora de escudarse en Cultura cuando es ella la única responsable de que, case 3 años después de llegar a la alcaldía, sigan en pie estas moles de hormigón”
O Partido Popular pide á alcaldesa de Lugo que cumpra, de inmediato, a sentencia que apremia ao Concello a derrubar o Garañón instándolle a que “se deixe de eludir responsabilidades e a que tome a iniciativa, sen botar balóns fóra”. “Non podemos perder nin un día máis” asegurou Ameijide “non podemos perdernos agora en disculpas de mal pagador, nin podemos derivar responsabilidades a outras administracións”, indicou o voceiro popular.
Antonio Ameijide refírese á última escusa, que pon a alcaldesa “de que está negociando con Cultura como repoñer a legalidade desta urbanización o que, na práctica segundo a rexedora, suporía un retraso nos prazos para demoler as torres das Costas do Parque. “A única responsable de que hoxe sigan en pé é a alcaldesa que é quen ten a obriga de cumprir a sentenza” indicou.
Os populares afirman que Lara Méndez “minte aos lucenses” desacreditando a súa afirmación de que quere ser a alcaldesa que tire o Garañón cando “non foi capaz de poñer nin un só euro nos orzamentos para esta operación”. “Está claro que se desentendeu dunha cuestión que ten sobre a mesa dende que chegou á alcaldía e que leva case tres anos sen dar unha saída a este problema urbanístico creado polos seus mentores socialistas” matizou.
Antonio Ameijide lembrou que o convenio do Garañón, aprobado en solitario polo PSOE, se autorizou sen o permiso de Cultura por estar nunha contorna dun Ben Catalogado e que, tras enmendar o procedemento, a Xunta informou desfavorablemente porque o proxecto non se adaptaba ao ambiente e limitaba as vistas
Dende agosto de 2005 o Partido Popular advertiu sobre a pantalla de formigón que os socialistas ían levantar nas Costas do Parque a conta do convenio asinado por José Ramón Gómez Besteiro, o padriño político da actual alcaldesa. Dende o PP se presentaron propostas para que a edificiación fose aterrazada pero o PSOE, en solitario, escolleu a alternativa mási lesiva para os veciños de Lugo dando o visto bo a seis torres de nove plantas.
O PP á vista das últimas declaracións da alcaldesa piden que se convoque a Comisión do Garañón, creada a petición do PP, co obxecto de avaliar as posibles solucións ao Garañón e para evitar que os lucenses teñamos que asumir unha indemnización millonaria de 25,8Millóns de euros.