EconomíaPersonal

El PP acusa a Méndez de supuestos delitos de prevaricación y malversación por pagar la nómina de la Dirección de Recursos Humanos en contra del pleno

By 19 febrero, 2018No Comments

El portavoz de los populares Antonio Ameijide recuerda que, en el pleno que se celebró en enero a petición del Partido Popular, la corporación acordó suspender y anular este cargo político, creado en junio de 2016, y que “ya nos ha costado a los lucenses más de 110.000 €”

O voceiro do Grupo Popular Antonio Ameijide afirma que a alcaldesa de Lugo “podería estar incurrindo en dous supostos delitos de prevaricación e malversación de fondos públicos, por pagar a nómina de xaneiro da Dirección de Recursos Humanos e por incluila na que se pagará no mes de febreiro, esquencéndose de que se trata dun posto que foi suprimido no pleno do pasado mes de xaneiro”.

Antonio Ameijide afirma que “casualmente este cargo político o ocupa a mesma persoa pola que a alcaldesa terá que declarar como imputada, o vindeiro 21 de marzo, por incumprir unha resolución xudicial con respecto ao seu nomeamento como asesora xurídica”.

Os populares afirman que “manter un posto, cuxa eliminación foi aprobada polo pleno, é unha decisión inxusta que se toma de forma intencionada, é dicir, poderíamos estar ante un posible delito de prevaricación por omisión”. Ameijide engadiu que “abonar os salarios do citado posto supón un perxuicio ao patrimonio do administrado, neste caso ao patrimonio municipal, o que podería ser un delito de malversación”.

Para os populares “o empeño da alcaldesa de blindar a Dirección de Recursos Humanos podería acabar no xulgado” e se preguntan “cal é o motivo que teñen para perpetuar este cargo político desobedecendo o mandado do pleno que é o órgano competente para crear e suprimir este tipo de postos”.  Nese senso, Ameijide suxire á Lara Méndez a que “pague do seu peto os máis de 5.000 € mensuais que cobra este cargo político” lembrando que, dende que accedeu ao posto de Director de Recursos Humanos e ata a actualidade, os lucenses pagamos máis de 110.000 € a este posto. “Se a alcaldesa quere protexer este posto a dedo que o pague ela ou o PSOE” concluiu Ameijide.

O popular  lembrou que o cargo de confianza da Directora Xeral de Recursos Humanos creouse o 30 de xuño de 2016, avalado cos votos do PSOE, Lugonovo e Ciudadanos, e cuxa designación tivo efecto na xunta de goberno celebrada o día 20 de xullo. O voceiro popular explicou que o Partido Popular opúxose, dende o primeiro momento, á creación deste cargo político por considerar que duplicaba as funcións propias da Xefatura de Persoal.

O PP, inicialmente, solicitou un informe sobre o grao de cumprimento dos obxectivos marcados para este posto e como non houbo resposta, transcurrido un prazo de tempo razoable, reclamou a comparecencia en Comisión da Directora Xeral de Recursos Humanos onde se acredita que “durante o ano e medio que leva neste posto non se solucionou nin un só problema de persoal”. Neste contexto, o Partido Popular elevou unha iniciativa ao pleno de xaneiro de 2018 para suprimir e anular este cargo político. Malia que o acordo acadado pola corporación, para suprimir esta praza “é executivo e, por tanto, de obrigado cumprimento” o goberno local “fixo oídos xordos e continúa pagándolle as nóminas de xaneiro e febreiro en contra do pleno”.

O popular lamenta, que malia as advertencias e insistencia do Partido Popular, a alcaldesa sega enrrocada en protexer este cargo político “máxime cando o asunto pode acabar nos xulgados” explicando que “tropeza dúas veces coa mesma pedra e volve a caer na mesma trampa, ante a mesma situación e coa mesma persoa pola que xa está imputada”. Ameijide ironizaba con que semalla que Lara Méndez quere seguir a estela do seu antecesor que dicía que “para ser un bo alcalde había que ter como mínimo 3 imputacións ao ano”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies