El portavoz del Grupo Municipal del PP Antonio Ameijide denuncia que Lara Méndez firmó hace unos días un decreto para desbloquear el pago de varias facturas a autónomos lucenses que prestaron servicios al Concello, facturas que se desbloquearon en el pleno del mes de junio y que la alcaldesa tardó un mes en abonar
O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, lamentou que Lara Méndez dea máis prioridade a marchar de vacacións a desbloquear o pago de varias facturas a autónomos e empresas lucenses que prestaron servizos ao Concello de Lugo.
Antonio Ameijide explicou que no pleno do pasado mes de xuño se desbloquearon varias facturas que a alcaldesa tardou un mes en pagar. En concreto son facturas por valor de 44.466,09€ e que elevan o total de pagos con reparos de legalidade no que vai de ano a 7.639.765,29€.
Facturas con reparos de legalidade na que non está a factura referente á comida ofrecida a sindicalistas que Lara Méndez e o seu equipo de goberno querían pagar a costa das arcas municipais, unha factura que o propio pleno bloqueou para que non se pagara con cargo a todos os lucenses. Por iso, Antonio Ameijide lle pregunta á alcaldesa que vai a pasar con esa factura e se finalmente a pagará o propio o partido socialista ou será ela a que convide aos sindicalistas do seu propio bolsillo.
O voceiro popular recorda que “estamos ante unha situación enquistada e irregular” e que, de seguir a este ritmo, Lara Méndez superará o récord que fixou no 2017 ao pagar máis de 20M€ con reparos de legalidade. Ademais, a esta cantidade hai que engadir os case 2.5M€ que os socialistas xa levaron a debate no pleno no que vai de ano, o que demostra que Lara Méndez e o seu equipo “non teñen vontade algunha” por regularizar unha situación que “eles mesmos agravaron” nos últimos anos.
Ademais, o popular explica que dos 23 servizos sen contrato, 11 caducaron baixo o mandato de Lara Méndez, 6 foron herdados do anterior alcalde e outros 6 se prestan, directamente, sen contrato.
Unha nefasta xestión en materia económica dos socialistas á fronte do goberno local que tamén afecta ao período medio de pago a provedores, xa que Lara Méndez tiña a 30 de abril 9.003 facturas impagadas por valor de 11.512.125,12€, o que mantén a Lugo entre as cidades que peor pagan de España. Desas máis de 9.000 facturas impagadas, 5.827 incumprían o período medio de pago a provedores que marca a lei, situado nos 30 días. De feito, o PMP destas facturas pendentes está xa 168 días.