Cultura

El PP afirma que Lugo es la cuna de esculturas descabezadas, con pintadas y escondidas por la inacción de la alcaldesa

By 13 agosto, 2018No Comments

La concejal popular Encarna Amigo lamenta la falta de sensibilidad de Lara Méndez por mantener las esculturas que son propiedad del ayuntamiento en buen estado.

Os populares poñen o punto de mira  no Neno sentado de Víctor Corral que está na Praza do Ferrol e que se colocou neste emprazamento con motivo da conmemoración do ano internacional do Neno declarado por Unicef. Amigo amosa a súa decepción polo desinterese da alcaldesa en limpar o rostro desta figura, que  uns vándalos pintaron con spray hai máis dun ano, e que xa lle pedimos que eliminase”. “Aquí non falamos dunha intervención como a da escultura da Catedral de Santiago, neste caso, a priori parece reversible e de doada solución pero hai que poñerse a traballar e non estar de brazos cruzados” recriminaba a popular. “Resulta sorprendente que noutros lugares os ataques contra o patrimonio se resolvan en horas e aquí en Lugo estas cuestións tamén están paralizadas”. “Se a alcaldesa non toma conciencia da necesidade de preservar o patrimonio cultural dificilmente o conxunto da sociedade vai respectalo”, reflexionou Amigo.

A edil tamén indicou que como consecuencia da inacción da alcaldesa e o abandono do patrimonio escultórico Lugo está a converterse no berce das esculturas descabezadas en alusión á peza da maternidade de Manuel Mallo que representa a nai e que está feita en pedra situada no parque de Frigsa. Outra figura que perdeu a cabeza é o San Sebastián Alanceado de Paco Pestana situada na Praza Roxa da rúa Armórica “non só está destrozada e xa non ten nada que ver coa peza orixinal senón que por riba se traslada de forma arbitraria de lugar e se utiliza como peana un muro que hai neste espazo”.  Amigo asegura que “estes despropósitos reflicte a falta de respecto dos socialistas pola propiedade intelectual e a obra dos artistas”.

Proposta PP

No ano 2013 o Grupo Popular presentou unha iniciativa para que se elaborase un inventario de bens históricos, artísticos e culturais propiedade do Concello. A idea era dispoñer dun documento de traballo no que se recollese a obra daqueles artistas lucenses con traxectorias de recoñecido prestixio como son Manuel Mallo, Juan Puchades, Paco Pestana, Víctor Corral, Villapol Parapar ou Juan Vila entre outros.

Os populares suxerían que se revisase, restaurase e recuperase a obra que teñen en Lugo estes artistas co obxectivo de revalorizar e recuperar o esplendor de todas as pezas que temos “no caso das que están xa situadas en espazos públicos que se traballe na súa posta en valor, nas que están en paradoiro descoñecido como a matrona ou que teñen agochadas en almacéns (escultura de Puchades retirada en 2006 da Avenida de Ramón Ferreiro) que se recuperen e se lles busque unha ubicación consensuada con todos os grupos políticos.

A popular considera que “os gobernos de esquerdas que tivo Lugo nos últimos 20 anos non souberon estar á altura da riqueza artística que hai na cidade” a concelleira resumiu “preferiron malgastar máis de dez millóns de euros no Milh  esquencendose velar polo patrimonio que xa temos”.

Os populares animan ao goberno local a realizar este inventario, xa que os datos recabados, poderíanse utilizar para promocionar a cidade. Encarna Amigo suxeriu que se publique a recompilación das obras na páxina web do Concello e que mesmo se incorporase a información na próxima edición que se faga dos planos guía do rueiro. “Ainda que non podemos ser innovadores, nin precursores desta iniciativa porque xa existe en moitas cidades cremos que o mínimo é contar cun plano cunha chamada onde se explique qué monumento é, quen o fixo ou unha pequena biografía do autor”, concluiu a concelleira.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies