El portavoz popular Antonio Ameijide denuncia “el retraso de 10 meses del PSOE en la firma del Convenio para impulsar esta dotación” recordando que “la Xunta le envió dos documentos, el último el 8 de septiembre con los modificaciones solicitadas por la propia alcaldesa para que le diese su visto bueno”
O voceiro do Grupo Popular expresou o malestar do seu Grupo pola “parsimonia coa que o goberno socialista afronta a construción do Centro Integral de Saúde do barrio da Residencia”. Antonio Ameijide recrimina á alcaldesa “a súa escasa altura de miras ao ter paralizada, dende hai 10 meses, a firma do Convenio de colaboración coa Consellería de Sanidade, no que se establecen as bases para a execución das obras desta dotación.
O voceiro popular lembraba como, o pasado 8 de septembro de 2017, a Xunta enviou un segundo borrador de convenio no que se incorporaban as achegas que realizara o Concello ao primeiro borrador con data do mes de xuño. De momento, a alcaldesa non respondeu a esta nova redacción do documento.
“Semella que Lara Méndez ou ben non se enterou de que estamos diante dunha oportunidade única para revitalizar este barrio lucense, ou ben que, de forma intencionada, está bloqueando este proxecto, simplemente, porque vén da man do goberno da Xunta do Partido Popular” reflexionou. “Calquera das dúas opcións son inaceptables” sentenciou Ameijide.
Malia esta conducta destructiva da alcaldesa a administración autonómica segue dando pasos para avanzar na execución deste proxecto e, o pasado 21 de febrero, presenta unha comunicación de obra menor para realizar os traballos necesarios para facer os estudos e chequear o estado da estructura do edificio do vello Materno”. Ameijide explicaba que se trata dunhas obras para a retirada dos falsos teitos e outro tipo de actuacións coa idea facilitar datos necesarios para o proxecto que se está a redactar”.
O popular pediu a Lara Méndez “unha maior axilidade na tramitación deste expediente e unha cooperación real e non de boquilla para acelerar prazos”. Nese senso lembrou que, o 22 de decembro, a Xunta presenta o estudo de detalle e urbanización da parcela da antiga residencia para usos de equipamento comunitario. “Se é certo que os socialistas apostan polo barrio da residencia deberían demostralo con feitos, por iso, lle pedimos que non esgote os seis meses de prazo legal que teñen para respostar e que acurten os tempos para a construción deste Centro Integral de Saúde que será un centro de referencia a nivel autonómico xa que é o primeiro de Galicia deste tipo”.