El popular Antonio Ameijide desvela que en una sentencia del contencioso administrativo nº1 de marzo de 2017, en la que Urbaser reclama el pago de la mensualidad de agosto de 2008, se castiga a los vecinos a abonar el total de la factura, los intereses acumulados y las costas del proceso, criticando “que la inacción del PSOE, que rechazó abrir un expediente sancionador a la concesionaria por la infracción muy grave cometida con vehículos municipales, nos pasa factura diez años después a los lucenses”
O Partido Popular afirma que “a permisividade dos sucesivos gobernos socialistas con determinadas empresas concesionarias está custando miles de euros aos lucenses”. O voceiro do PP Antonio Ameijide desvelaba hoxe o contido dunha sentenza de marzo de 2017 que deixa en evidencia os problemas e a mala xestión dos socialistas de Lugo e polo que se condena aos lucenses a pagar 734.126,23 € a conta dunha factura que non se abonou en agosto de 2008 porque a frenou un informe do enxeñeiro municipal no que demostraba, con acta notarial, o uso indebido dos vehículos do servizo de recollida de lixo noutros concellos da provincia como o de Ribadeo.
O popular explicou que segundo se especifica no informe do enxeñeiro de Medio Ambiente “destinar a fines u objetos ajenos al servicio público concedido, los materiales, vehículos y maquinaria adcritos al mismo” fóra do ámbito de actuación do contrato é unha infracción moi grave e precisamente, neste informe o funcionario responsable do contrato, apunta que se debería inicia-la tramitación do correspondente expediente sancionador.
Ameijide explicou que este técnico propuxo, no seu día, a implantación de GPS nos vehículos e “foi, grazas a este sistema, como detectou as anomalías en determinados vehículos”. Dacordo co seu informe se comprobou o 4 e o 5 de agosto de 2008 “in situ”, e demostrou con imaxes gráficas e acta notarial que estaban lavando colectores e recollendo lixo no termo municipal de Ribadeo con vehículos de uso exclusivo do servizo de recollida de lixo.
O voceiro popular criticou a actitude de “indiferencia e favoristimo dos socialistas, que miraron cara a outro lado pese ás recomendacións do funcionario evitando impoñer multas á firma pola utilización de medios municipais de forma fraudulenta” afirmando que “resulta sospeitosa a excesiva tolerancia con certas empresas que prestan servizo no Concello de Lugo”. “Por mor da indiferencia dos socialistas, dez anos despois, os lucenses poderíamos ter que pagar un 51% máis pola factura do mes de agosto xa que habería que sumar intereses atrasados aos 485.667,44€ iniciais. Esta é outra das múltiples herencias envelenadas que os gobernos socialistas deixan a Lugo empezando polo Garañón, a fábrica da luz …
Ameijide lembrou que o contrato da recollida de lixo é un dos máis custosos que ten o Concello de Lugo explicando que dende marzo de 2017 se paga con reparos de legalidade e que ascende a 3.461.126,90 €. Dende o equipo de goberno non adoptaron ningunha decisión, nin deron pasos para sacar a licitación de novo este servizo. Prefiren seguir pagando empresas sen contrato con cartos de todos os lucenses, concluiu Ameijide.