El concejal Manuel López acusa a los socialistas de “no hacer nada por mejorar la señalización de las 54 parroquias del municipio en los tres años que Lara Méndez lleva como alcaldesa”
O popular fixo estas declaracións logo de supervisar os indicadores de distintas localizaciones “estivemos nos mesmos puntos que hai tres anos e comprobamos que os indicadores ou está igual ou incluso peor o que denota unha parálise absoluta e un desinterese extremo do goberno local polos nosos veciños do rural”.
O edil do PP afirmou que “hai moitos destes sinais que só necesitan unha limpeza, ou que se volvan a anclar porque ou ben caeron ou ben están tortos e son ilexibles; mentres, noutros casos están tapados pola maleza”. O popular explicou que “máis que investimentos astronómicos o que se necesita é ter un mínimo de interese primeiro, para detectar os que están danados e segundo, para enviar as brigadas para poñelos dereitos e limpalos”.
O concelleiro popular Manuel López critica “o pasotismo dos socialistas que, nestes tres anos, non fixeron nin unha soa supervisión desta sinalización “non hai un mínimo inventario dos indicadores que hai, especificando o seu estado de conservación de cara a repoñer, nun prazo prudente, os que estén en mal estado e colocar os que sexan necesarios onde non existen”.
O concelleiro popular, Manuel López, clasificou as deficiencias na sinalización do rural en catro apartados:
- Sinalización en mal estado. Atopamos numerosas placas borradas de forma parcial ou completa e outras moitas rotas ou oxidadas o que dificulta a lectura das localizacións. (Carballido, Adai, Vilar, Recimil, Bóveda e Carballido)
- Maleza que oculta os sinais. A falta de desbroces tamén afecta á sinalización atopándonos con casos nos que as herbas cobren por completo os sinais. (stop e sinal animais soltos ocultas maleza)
- Ausencia de sinais direccionais en interseccións. Son múltiples os casos de cruces sen sinalizar como por exemplo o de Recimil e Bóveda.
- Núcleos sen sinalizar.- Moitos lugares carecen de sinal de localización ou a que hai é ilexible.
O concelleiro popular alerta que “un dos problemas da falta de sinalización son as dificultades coas que se atopan taxis, ambulancias, correo ou repartidores para chegar a algúns núcleos”. Manuel López explica que este é un asunto que preocupa no rural porque “agora que hai novas urbanizacións xa non se coñece, como antes, a todo o mundo e cada vez é mais complicado localizar as casas”.