PersonalSin categoría

El PP afirma que el “sistemático bloqueo” de las tres últimas OPEs supuso el pago de 133.653€ horas extra en 8 meses

By 21 agosto, 2017No Comments

Antonio Ameijide aseguró que “hay informes del interventor que certifican que se abusa de este tipo de servicios extraordinarios ya que se incumple el reglamento interno del personal funcionario”.

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, detallou esta mañá en rolda de prensa que “no que vai de ano no Concello de Lugo xa se pagaron 133.653,21€ aos funcionarios polas horas extraordinarias realizadas. Unha cantidade moi elevada e que se podería traducir na contratación de seis personas durante un ano”.

Ameijide explicou que neste 2017 xa se tramitaron 175 decretos en concepto de horas extraordinarias “para pagar ou compensar 7.807 horas realizadas polos funcionarios deste Concello”. Do total de horas extraordinarias realizadas polos empregados do Concello 6.944 se pagaron, 293 se compensaron e 569 están baixo estudo.

Para o voceiro municipal popular estes datos amosan que “o caos e a falta de dirección política dos socialistas en materia de persoal. Estamos ante unha proba manifesta de que a política de persoal falla e, por iso, recae unha sobrecarga de traballo nos funcionarios”.

O límite legal de horas extraordinarias que pode realizar un funcionario no Concello de Lugo nun ano é de 70, unha cifra que segundo un informe do interventor do Concello xa se superou nalgún caso. Nos informes do interventor explícase que existe un “incumprimento do regulamento interno do persoal funcionario correspondente á superación do cómputo de horas autorizadas na XGL e en cómputo mensual en relación a varios de eles”. Unha afirmación por parte do interventor que, para Antonio Ameijide, “corrobora o abuso que se fai do traballo dos funcionarios superando, nalgún caso, os límites legais establecidos, feito que xa se acadou nos oito meses que levamos de ano”.

Desmantelamento dos servizos

O popular explicou que a “nefasta política de persoal que manteñen os socialistas neste Concello durante os últimos 18 anos desembocou nun constante desmantelamento dos servizos municipais e que se ve agravado coas ofertas de emprego público que o goberno local non convoca dende hai tres anos. Estamos agardando pola OPE de 2015, que corre serio perigo de perderse xa que caduca aos tres anos, e pola OPE de 2016, ademais da deste ano, da que non se sabe nada.”.

O voceiro popular criticou que “o goberno local non incentive a carreira profesional nin a promoción horizontal nin vertical; que non fomente a formación complementaria do persoal e, incluso, non planifique as necesidades do plantel e dos servizos do Concello”. “O único que fixeron, os de Lara Méndez, nestes dous anos en materia de persoal, é nomear a unha persoa nun posto político que lle custa aos lucenses case 70.000 euros cada ano e que, a día de hoxe, non aportou nin unha solución a ningún dos problemas que este Concello ten en materia de persoal”. O popular matizou que incluso “os agravou co enfrontamento que xerou coa tramitación da RPT”, dixo Ameijide.

HORAS EXTRA
ABONADAS    6.944,27
DESCANSO       293,80
TRAMITACIÓN       569,80
TOTAL    7.807,87

 

 

TOTAL 133.653,21€

 

 

 

Total funcionarios Concello de Lugo 439
Total persoal laboral Concello de Lugo 162
Idade media persoal Concello de Lugo 50 anos

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies