El portavoz del Grupo Popular Antonio Ameijide explica que este dato estimativo se calcula tomando como base los 300 expedientes, que el concejal de desarrollo sostenible reconoció que estaban pendientes de resolver en un cajón, y la media de los costes de construcción que figuran en los datos de las juntas de gobierno las 63 licencias resueltas en este 2018
O Partido Popular acusa ao goberno de Lara Méndez de bloquear preto de 39M€ en investimentos como consecuencia da parálise na concesión de licenzas de obras. O voceiro do PP Antonio Ameijide fixo esta estimación tomando como referencia as 300 solicitudes que, segundo o concelleiro socialistas Daniel Piñeiro están pendentes de validar, e multiplicándoas pola media de gasto das intervencións autorizadas neste 2018.
O voceiro do grupo popular Antonio Ameijide explicou que o goberno tramitou, no que levamos de ano, 63 licencias, 42 na zona urbana e 21 en zona rural, o que supón, dacordo cos orzamentos que figuraban nos proxectos rexistrados, un investimento de 6.730.474 Millóns de euros (6.168.620 zona urbana e 561.854€ en zona rural). Ameijide matiza que “estas cifras corresponden aos orzamentos de execución material das obras previstas”.
O voceiro popular Antonio Ameijide explicou que “o primeiro lastre do bloqueo das licencas é que se frean as contratacións directas relacionadas con gremios vinculados ao sector da construción (electricistas, pintores, escayolistas); en segundo lugar, afecta ás empresas e negocios vinculados coa equipación (tiendas electrónica, mobiliario …)”. O terceiro lastre é o que repercute sobre o emprego indirecto xa que dentro dos expedientes pendentes de resolución hai casos de ampliación de empresas, novos negocios, ampliacións de naves …” concluíu.
Outro dos aspectos, nos que incidiu o voceiro popular, foi no millón e medio de euros, que o Concello deixou de ingresar por este retraso na concesión de licenzas e que corresponden ao abono da liquidación dos 300 expedientes que durmen nun caixón. “Pola neglixencia da alcaldesa os lucenses non podemos disfrutar deste investimento en melloras de servizos” lamentouse o popular.
Precisamente, no pleno deste xoves, o voceiro popular defenderá unha proposición relativa á axilización dos prazos de resolución das licenzas urbanísticas. O acordo desta iniciativa incide na necesidade de reorganizar o servizo de arquitectura e facer un reforzo, de xeito inmediato, dos departamentos implicados na tramitación de licenzas urbanísticas. Outra cuestión sería a de establecer de forma temporal sistemas de colaboración cos técnicos municipais, para o estudo dos trámites de concesión das licenzas urbanísticas, a través de Evislusa, ou no seu caso, a contratación de asistencias técnicas, ata acadar uns prazos de resolución de licenzas acordes coa lei.
Os populares denunciaron, recentemente, que o Concello incumpría a lei do Solo en canto aos prazos para concesión de licenzas desvelando que “Lugo tan só outorgou, no ano 2017 dentro de prazo, 15 das 156 licenzas tramitadas”.