El portavoz del Grupo Municipal del PP Antonio Ameijide lamentó que “parece que en el año 2016 se paralizó la transparencia en el Concello de Lugo. Da la impresión de que Lara Méndez quiere ser menos transparente que su mentor López Orozco”
O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, amosouse esta mañá moi preocupado ante “o incumpremento da Lei de Transparencia” por parte do Concello de Lugo.
O voceiro municipal popular explicou que a Lei 2/12 Orgánica de estabilidade orzamentaria e sostibilidade financieira establece que as Admnistracións Públicas para a súa publicación e seguimento publicarán antes do día trinta de cada mes no seu portal web a información á que se refire o artigo 6 referida ao mes anterior. O resto de corporacións locais publicarán e comunicarán ao Ministerio de Facenda e Administracións Públicas esta información referida a cada trimestre do ano antes do día trinta do mes seguinte á finalización do devandito trimestre, “unha normativa que o equipo de goberno do Concello de Lugo está a incumprir de xeito reiterado dente o mes de xuño do ano 2016, data da derradeira comunicación pública dos datos do pagamento medio a proveedores do Concello no portal de transparencia”.
Antonio Ameijide explicou que “semella que no ano 2016 se rematou coa transparencia neste Concello. O ano pasado deixaron de publicarse a maior parte dos datos que ahí que teñen que publicitarse. Ademais, non hai contas xerais do ano pasado, nin datos de contratos dende o 2015. Dá a impresión de que Lara Méndez está empeñada en ser menos transparente que o seu mentor López Orozco”.
estas probas amosan a “parálise na que os socialistas teñen sumido” ao Concello de Lugo, “xa que nin sequera se preocupan por cumprir as condicións mínimas establecidas pola lei”.
Estos datos veñen a apoiar o informe que hai menos de dous meses fixo público Transparency International e no que o Concello só acadou unha puntuación de 71.9 puntos, “cando o mínimo esixible para dar certa tranquilidade aos cidadáns é de 90 puntos”, dixo o Antonio Ameijide.
Para paliar esta situación, Antonio Ameijide recordou que “dende o Grupo Municipal do Partido Popular xa propuxemos que o goberno local dote ao Concello dunha Unidade de Información de Transparencia, un órgano que está contemplado e previsto na propia lei”. Esta medida debería vir acompañada doutras que reforcen a transparencia da web municipal. Así mesmo, os populares suxiren que o propio portal de Transparencia Municipal incorpore un apartado para poder tramitar online solicitudes.
Queixas e suxestións
Antonio Ameijide sinalou que “a web de Transparencia do Concello de Lugo semella ser algo que non lle interesa ao equipo de goberno xa que, ao igual que con moitas outras materias, dende xuño de 2016 non publican nada referente á comisión de queixas e suxestións, unha mesa que se reúne todos os meses”.
Neste senso, o voceiro popular asegurou que “chegará o momento no que os contidos da Comisión de Suxestións e Reclamacións poidan ser accesibles para todos a través da web da administración local, sempre é cando este goberno local teña un compromiso real coa transparencia”. A este respecto, Ameijide incide en que “estamos acostumados a que o PSOE ignore moitas das nosas consultas e así é que están pendentes preguntas presentadas polo PP dende hai meses”, pero “é tempo de que a participación e a transparencia teñan o lugar que merecen nesta administración municipal”.