Zona Rural

El PP anuncia que presentará un ruego para que los socialistas limpien la Vía Romana XIX

By 31 enero, 2018No Comments

El concejal del Grupo Municipal del PP Manuel López aseguró que o responsable de Medio Rural “o bien no se entera de lo que pasa en su área o miente descaradamente” ya que viene de asegurar que esperan por el permiso de la Xunta para poder realizar los trabajos en la Vía Romana XIX, permiso que “tienen en su poder desde noviembre”

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Manuel López, anunciou que o seu grupo presentará un rogo na comisión de Medio Rural, Infraestruturas e Deportes para que o goberno local actúe “inmediatamente” na Vía Romana XIX que se atopa “totalmente abandonada” por parte dos socialistas lucenses.

A imaxe que ofrece esta calzada “é lamentable” e a inacción do goberno local propicia que a maleza invada cada vez máis o camiño. Por iso, os populares fanse eco das queixas dos veciños — os populares xa pediron en numerosas ocasións o axeitado mantemento desta vía — e presentarán un rogo na comisión correspondente para solventar a situación.

Un problema ao que se chegou por mor da “nefasta xestión” dos socialistas de Lugo. Manuel López asegura que o edil de Medio Rural vén de dicir que agardan pola autorización de Patrimonio para realizar a limpeza desta calzada, un permiso que “está en mans do Concello dende o mes de novembro do ano pasado”. Unha situación que demostra que “o concelleiro minte descaradamente á cidadanía ou que non se entera do que pasa na súa área”.

Ante esta situación, os populares toman a iniciativa para que se adopten as medidas oportunas para que a Vía Romana XIX se atope nunhas condicións de mantemento “óptimas” xa que, recorda Manuel López, esta vía “ten unha importancia cultural enorme” xa que no pasado unía a Lugo con Astorga e Braga e, na súa recuperación, investíranse 360.000€ (270.000€ procedentes de fondos FEDER e 90.000€ do Concello).

De feito, o concelleiro popular convida aos socialistas a preocuparse desta vía, especialmente a Lara Méndez xa que foi ela unha das persoas que participou da “andaina inaugural” —data do 19 de abril de 2008—   unha vez se arranxou o treito entre Lugo e O Corgo, ademais doutros actos promocionais, como a presentación de 2.000 DVD, “un despilfarro máis dos gobernos socialistas, que sacan a foto e logo se esquecen de facer nada polas infraestruturas, como é o caso da Vía Romana XIX, invadida agora pola maleza”, asegura Manuel López.

Segundo os propios veciños da zona, a última vez que o goberno socialista realizou algún tipo de actuación neste camiño foi hai catro anos, no anterior mandato, e dende entón nada se fixo. Manuel López explica que “son os propios veciños” os que se encargan de manter a vía para poder entrar nas súas fincas.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies