El portavoz popular Antonio Ameijide explicó que “más de una treintena de lucenses se beneficiarán de los programas de incorporación de las Tecnologías de la Información y Comunicación aplicadas a la arqueología así como de la especialización de atención sociosanitaria y dinamización que se desarrollarán en el Concello al amparo de esta iniciativa autonómica”
Formación e un contrato de traballo é a oferta que a Xunta de Galicia brinda a unha trintena de lucenses a través de dous obradoiros de emprego que se veñen de resolver e que se van desenvolver en colaboración co Concello de Lugo.
O voceiro popular Antonio Ameijide agradeceu “o esforzo inversor e a sensibilidade do goberno da Xunta en materia de emprego, en especial, o apoio á xente moza” xa que o 50% das prazas que se ofrecen están dirixidas aos menores de trinta anos.
O popular tamén salientou a cualidade dos programas puntualizando que “un dos obradoiros está encamiñado a mellorar a calidade e efectividade do uso das TICs na investigación arqueolóxica e na conservación do patrimonio cultural, ten unha duración de nove meses e oferta un total de 16 plazas. Os participantes vanse formar en producción fotográfica e dinamización, programación e desenvolvemento de acción culturais. O orzamento aprobado é de 223.967€”.
“Para os menores de 30 anos se organiza un obradoiro, con quince prazas, que baixo o epígrafe de Lugo coidate se especializará na atención sociosanitaria a persoas en institucións e tamén na formación en dinamización de actividades de tempo libre educativo infantil e xuvenil. O investimento da Xunta ascende a 141.188 €” aclarou Ameijide.
A selección do persoal levarase a cabo en agosto e terán preferencia, en xeral, as persoas beneficiarias da Renda de Integración Social de Galicia (Risga); mulleres; vítimas da violencia de xénero; menores de 30 anos; traballadores que esgotaran as prestacións ou subsidios por desemprego; parados de longa duración; maiores de 45 anos; persoas sen titulación universitaria ou de FP de grao superior; e persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social. Estímase que os obradoiros se poñan en marcha a finais do mes de setembro.
Por último os beneficiarios deste programa, que a Xunta financia e leva a cabo en coordinación co Concello de Lugo, recibirán ademáis de formación e un contrato de traballo, un certificado de profesionalidade con validez en todo o territorio español. Ademáis dos alumnos-traballadores tamén serán beneficiarios directos destes obradoiros as persoas que se contraten para desenvolver tarefas de dirección, administración e os monitores e docentes das distintas especialidades.