Economía

El PP comparte el dictamen del Consello de Contas que define la gestión del PSOE de Lugo en la contratación municipal como “área de riesgo”

By 16 febrero, 2018No Comments

El portavoz popular Antonio Ameijide pide a Méndez que cumpla con las recomendaciones del Informe de fiscalización de la Cuenta General de Lugo de los ejercicios 2014-2015 del Consello de Contas en el que se aconseja que “se liciten los contratos con antelación para que cuando venzan los anteriores ya tengan un nuevo adjudicatario evitando que haya empresas trabajando para el Concello con contrato caducado”

O voceiro popular desvelou que o informe do Consello de Contas acredita que a xestión no Concello de Lugo emperorou  dende que Lara Méndez é alcaldesa destacando “o incumprimento reiterado das recomendacións” que presenta este informe de fiscalización anual da conta xeral de Lugo correspondente aos exercicios 2014/2015”.

Antonio Ameijide incidiu en que as cifras son claras e reveladoras salientando como en 2014 o seu antecesor,  o socialista Orozco pagou con reparos de intervención 9.855.407,75. Tres anos despois, duplicouse tanto o importe como o número de decretos asinados por Lara Méndez que asinou en 2017 un total de 28 decretos por un importe de 20.562.861,19.

O voceiro popular indicou que “esta é unha máis das probas que evidencian a nefasta xestión económica da alcaldesa socialista que lonxe de remontar a deteriorada situación da xestión económica a súa administración segue caendo en picado” explicou o popular. No propio informe de fiscalización do Consello de Contas de Galicia se dictamina que a contratación en Lugo configúrase como “área de risco na xestión da entidade”. Ameijide dixo que “de non cambiar de actitude e modificar esta tendencia, nos próximos informes deste órgano autonómico, nos arriscamos a que Lugo sexa declarada zona catastrófica en materia de xestión económica”.

O voceiro popular afirma que o informe do Consello de Contas é demoledor e que “dá un forte tirón de orellas aos socialistas a conta dos reparos de legalidade” recriminando “a realización de gastos prescindindo do procedemento legal facendo fincapé en dous motivos: as infraccións na licitación e preparación dos expedientes así como as irregularidades na execución do contrato”.

O voceiro popular asegura que segundo este informe o Concello de Lugo puido incurrir “en infraccións graves ou moi graves pola realización de gastos con omisión de fiscalización previa nos exercicios 2014 e 2015 tal e como se recolle nos artigos 28 e 29 da Lei 19/2013 da transparencia e bo goberno” e se advirte “das responsabilidades patrimoniais e penitenciarias nas que poden recaer”.

“Estos erros ou defectos de xestión en materia económica nada teñen que ver coa falta de personal, a cantinela que sempre utilizan para escudarse e ocultar a súa irresponsabilidade” explicou Ameijide. “En vez de velar polo cumprimento da legalidade os sucesivos gobernos socialistas prefiren saltala” reflexionou o voceiro popular quen advertía que “o pretexto de que a culpa é de Montoro non lles sirve arestora”.

O popular rematou pedíndolle aos socialistas que cumpran as recomendacións do informe relativas “a convocar a licitación dos contratos con antelación, para que cando venzan os anteriores xa teñan un novo adxudicatario” insistindo en que  “xa llo dixemos dende o Partido Popular en diferentes ocasións, e mesmo hai iniciativas de pleno como a aprobada o 29 de outubro de 2015 relativa á licitación de todos os servizos que se prestan por parte de empresas sen contrato no Concello”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies