El portavoz del Grupo Municipal del PP Antonio Ameijide afirma que los técnicos municipales avalaron en la mesa local de comercio la información dada ayer por el Grupo Popular en la que se aseguraba que la cesión de los locales será por un plazo máximo de cuatro años sin posibilidad de prórroga, por lo que queda confirmado que en la web municipal y en las declaraciones públicas de la alcaldesa mienten a los emprendedores lucenses
O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, afirmou que na mesa local de comercio celebrada esta mañá no Concello de Lugo se confirmou a información facilitada onte polo Grupo Popular, na que se aseguraba que os socialistas mentían en todo o relacionado co aluguer dos locais da Tinería.
Antonio Ameijide afirmou que os técnicos municipais confirmaron na mesa local de comercio que a cesión dos locais é por “un prazo máximo de catro anos” e que “non existe posibilidade de prórroga”.
O voceiro popular asegurou que durante a mesa local de comercio a concelleira de Economía, Ana Prieto, recoñeceu que a mellor opción para os emprendedores será negociar, a futuro, directamente coa Xunta de Galicia a compra do local polo que se demostra que a decisión de Lara Méndez de alugar os locais á Xunta foi “unha rabieta” porque “foron os propios socialistas os que bloquearon a venda destes locais da Tinería hai un ano”.
Nesta xuntanza da mesa local de comercio estiveron presentes varias asociacións empresariais (CEL, Federación de Comercio Lugo, Lugo Centrum, Asociación de Autónomas e Itineris) que constataron “a imposibilidade” de amortizar en catro anos unha inversión como a que se ten que realizar nos baixos da Tinería.
De feito, unha das participantes na xuntanza, e que rexenta un negocio na Tinería, confirmou que tivo que agardar dous anos e medio para obter os permisos necesarios para poñer en marcha o seu negocio e que, actualmente, leva catro meses esperando pola concesión da licenza necesaria para acometer unhas obras de reforma no seu negocio.
Un extremo que contrasta cunha das cláusulas que o Concello de Lugo quere facer asinar os concesionarios dos baixos da Tinería, aos que quere obrigar a poñer en marcha o seu negocio nun prazo máximo de dous meses dende a entrega das chaves do local. Neste senso, dende o Concello aseguraron esta mañá que “non poden asegurar que se concedan as licenzas nun prazo de tempo que permita cumprir con esta cláusula” polo que dende o Grupo Popular pedimos a Lara Méndez e o seu equipo que se “replantexen a estratexia para o barrio da Tinería e, sobre todo, que corrixan a información da web municipal e que deixen de mentir publicamente”.
Sen solicitudes para os locais
Antonio Ameijide explicou que os técnicos municipais tamén confirmaron que, a día de hoxe, o Concello de Lugo non recibiu ningunha solicitude para a cesión dos locais da Tinería. “Dende que o pasado 14 xuño se publicou no BOP a apertura do prazo de solicitude dos locais, o Concello non recibiu ningunha petición, o que demostra que as condicións impostas polos socialistas non son atractivas para ninguén”, afirmou o voceiro popular.