transparencia

El PP critica que la alcaldesa incumplió el 95% de los acuerdos de pleno impulsados por el Grupo Popular

By 28 julio, 2017No Comments

El portavoz popular  Antonio Ameijide denuncia que de las 59 proposiciones aprobadas desde el inicio del mandato a iniciativa del PP  “tan solo se ejecutaron 3 y en 4 de ellas se hicieron trámites o están parcialmente ejecutadas”

O voceiro do Grupo Popular Antonio Ameijide asegurou que está atónito pola irresponsabilidade do goberno socialistas e pola súa falta de capacidade de priorizar  e organizar o traballo no Concello. O popular considera “pouco serio que se escondan detrás do traballo dos funcionarios e os sobrecarguen de tramitacións administrativas cando moitas das cuestións pendentes só dependen de que tomen a iniciativa e adopten unha decisión política”. O popular facía esta reflexión logo de asistir ás comisións de seguimento dos acordos de pleno e a xuntanza de voceiros convocada para chequear o cumprimento do Plan de Investimentos para o presente exercicio e que se aprobou o pasado mes de xuño.

O voceiro popular afirmou que dende a última reunión convocada para chequear o seguimento dos acordos plenarios a situación non mellorou e que a noticia hoxe é “que non hai novidades nin destes acordos nin tampouco do Plan de investimentos”.

Con respecto ás 59 proposiciones aprobadas a iniciativa do PP puntualizar que só se executaron tres: a do desconto do recibo de lixo por mor da folga de basura; a convocatoria da comisión de planeamento e a constitución da comisión do Garañón. De forma parcial figura o abastecemento da parroquia de Orbazai así como na elaboración da Relación de Postos de Traballo (en tramitación) e o plan de tráfico de A Ponte (actuación na rúa Fermín rivera pero non se interviu nas interseccións conflitivas do barrio), construción Colexio Sagrado Corazón. O balanzo é demoledor só cumpriron un 5% das iniciativas e semellan non ter unha excesiva vontade de traballo cando en tres meses só fixeron dous únicos informe analizando a viabilidade dunha única proposta dun total de 213”

Para o popular resulta “unha tomadura de pelo” que no caso da ORA sexa a propia alcaldesa a que afirme que “está aparcada”. Nada se sabe tampouco  do leiraparking do HULA, a gratuídade do transporte urbano para os menores, as escrituras dos propietarios das vivendas da Croa, a reanudación das obras da biblioteca da Piringalla, a actualización da ordenanza de contaminación acústica, a municipalización do guindastre.

Antonio Ameijide teme que “a parálise do goberno afecte tamén ao desenvolvemento do Plan de Investimentos que grazas ao PP saiu adiante e que blinda unha partida de case 4.5M€ para investimentos en Lugo neste 2017”. O popular explicou que nunha situación de normalidade, se se contase cun goberno fiable e que cumprise coa palabra dada, non terían razón de ser estas dúas comisións. O voceiro dos populares matizaba que “en Lugo co PSOE no goberno e con Lara Méndez como alcaldesa nin coas auditorías ás que lles sometemos dende o Partido Popular son capaces de facer o seu traballo”.

A conclusión dos encontros que se celebraron hoxe é clara e concisa “a xestión do equipo de goberno é nula, estamos ante unha alcaldesa sen apoios: non contou co apoio dos veciños porque non foi candidata e que onte tivo que sufrir o desplante dos grupos que a reprobaron”. O popular matizaba que “malia este tirón de orellas” os grupos da esquerda, ao non aceptar á enreda da moción de censura que suxeriu o PP “quedaron retratados como cómplices do PSOE na parálise e no desgoberno que hai no Concello de Lugo”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies