El portavoz popular Antonio Ameijide pregunta al gobierno local si, desde que el Grupo Popular alertó de esta situación, estableció algún mecanismo para asesorar a los contribuyentes del derecho a reclamar la devolución del impuesto que pagaron indebidamente, así como, de que ese derecho se extingue por el trascurso del plazo de preinscripción de cuatro anos.
O voceiro popular Antonio Ameijide lembrou que o Concello de Lugo segue recadando a plusvalía sen informar aos contribuíntes da perda do seu dereito a reclamar polo transcurso dos catro anos de prescrición.
O voceiro popular explicou que presentou unha batería de preguntas para clarificar se os socialistas, dende que o PP alertou o ano pasado desta situación, implantaron algún mecanismo para devolver aos afectados as as plusvalías municipais mal cobradas.
O popular tamén sumouse á proposta do PP deG para que o Concello de Lugo poda utilizar os remanentes de tesourería positivos para a devolución deste imposto explicando que “esta mesma semana se vén de rexistrar unha proposición non de lei na que se solicita ao Goberno central que permita o uso destes fondos para o reintegro deste imposto cobrado inxustamente”.
Os populares queren saber, en primeiro lugar, se o Concello de Lugo puxo en marcha algunha medida para informar e asesorar aos contribuíntes acerca da sentenza do Tribunal Constitucional pola que se declara que non procede pagar o imposto de plusvalías naqueles casos nos que non exista incremento de valor en termos económicos e reais como consecuencia da transmisión dun inmoble ou terreo.
En segundo lugar preguntan se se solicitou algún informe para aclarar os termos legais e os efectos da devandita sentenza así como as súas posibilidades de aplicación. Os populares tamén piden que se cuantifique o número de recursos que foron presentados no Concello de Lugo polos contribuíntes solicitando a devolución do indebidamente abonado en concepto de imposto de plusvalías e, xa por último, preguntan se dende a administración local se segue cobrando este imposto nos casos en que non exista incremento de valor en termos económicos e reais como consecuencia da transmisión dun inmoble ou terreo.
Ameijide indicou que “lamentablemente os socialistas de Lugo non están a axudar aos veciños que tiveron que facer fronte a este imposto a pesar de que o inmoble que venderon perdeu valor e, polo tanto, non correspondería tributar por este concepto tal e como se recoñece en varias sentenzas ditadas polo Tribunal Constitucional. A última, lembrou foi do pasado 11 de maio e nela se recoñece a insconstitucionalidade desta práctica e a posibilidade de reclamar aos concellos o cobrado indebidamente”.
Os populares piden ao goberno local que “dé resposta á demanda do PP de devolver este imposto que cobraron a lucenses de forma inxusta xa que o dereito a percibir a plusvalía cobrada indebidamente prescribe aos catro anos. Transcorrido este prazo dende que se ingresou o diñeiro pola venda , o dereito quedaría estinguido”, matizou o voceiro popular.