El portavoz del PP lamenta la “ambigüedad” de los socialistas lucenses, que decidieron aplazar su decisión hasta el próximo pleno, recriminándoles su “incongruente actitud” ya que “su partido votó la semna pasada a favor de una propuesta idéntica en el Parlamento de Galicia”.
O Grupo Popular lamenta “a ambigüidade” dos socialistas lucenses e “a intransixencia” de Lugonovo e BNG que rexeitaron apoiar, na xunta de voceiros que se reuniu hoxe a instancias do Grupo Popular, a declaración institucional en apoio á Policía Nacional e á Garda Civil en Cataluña. O voceiro popular, Antonio Ameijide, explicou que “ao non acadar o consenso de todos os grupos políticos para ser aprobada o seu grupo vese obrigado a elevar esta petición como proposición ao vindeiro pleno municipal”.
O voceiro popular recrimina “a falta de valentía” dos socialistas lucenses á hora de adherirse de xeito inmediato a este documento, que se rexistou o pasado 6 de outubro, xa que “é un texto idéntico ao acordo que se votou no Parlamento de Galicia, a semana pasada, condenando as accións contra as forzas de seguridade en Cataluña”.
Con respecto a Lugonovo e BNG criticou a cerrazón de ambos grupos políticos “é esperpéntico” que den a espalda á adhesión a unha declaración institucional que o único que avala “é o labor destes corpos de seguridade en aras á defensa e á protección dos dereitos e libertades amparados pola Constitución”. “Estamos falando de efectivos que traballan pola defensa do Estado de Dereito e para salvagardar a convivencia , a seguridade e a tranquilidade da cidadanía”.
Ameijide manifestaba que “é inxusto que se lles trate como enemigos” indicando que “entre os membros desprazados a Cataluña tamén se atopan lucenses”.
Por último, o voceiro popular anunciou que o seu Grupo se entrevistará nos proximos días con representantes dos sindicatos policiais e asociacións da garda civil para transmitirlles “o noso apoio incondicional, poñernos a súa disposición e escoitar as súas demandas”.