Después de evaluar los datos de la cuenta general del año 2016, desde el Grupo Municipal del Partido Popular se considera que “la parálisis de los socialistas condena a los lucenses a ver como obras necesarias para la ciudad siguen esperandp su licitación y ejecución” ante la falta de inversión y voluntad por mejorar la ciudad
O Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo acusa aos socialistas de “deixadez, pasividade e parálise” na súa labor á fronte do Concello xa que no ano 2016 deixaron o 19,33% do orzamento municipal sen executar, en total 21.094.133,13€. O voceiro municipal dos populares, Antonio Ameijide, criticou a labor do equipo de goberno xa que asegurou que “non se dan conta de que hai moitas actuacións que os lucenses demandan todos os días e os cidadáns teñen que agardar a que os socialistas decidan facer algo para desatascar a situación e mellorar a cidade”. Dos 109 millóns de euros que conformaban o orzamento municipal quedaron se executar máis de 21 millóns de euros.
Antonio Ameijide tamén criticou “a pouca coherencia” dos socialistas, xa que todas as semanas “enchen a boca” con críticas hacia a Xunta de Galicia, pero os datos da conta xeral do 2016 son moi claros e amosan que “todas as promesas” realizadas conxuntamente por Concello e Deputación “quedaron en fume, xa que dos máis de dous millóns de euros comprometidos polos socialistas da Deputación o ano pasado o Concello recibíu menos de 350.000 euros”. Deste xeito, unha partida de gran importancia para o orzamento “non chega ás arcas municipais” polo que a alcaldesa “intensifica o seu afán recadatorio” e “realiza campañas” para que sexan os propios lucenses, “a través de sancións de tráfico, os que contribúan con máis de 1.620.000 euros”.
Tras comprobar a xestión económica realizada polos socialistas á fronte do Concello de Lugo, os populares lamentan que “ano tras ano Lugo segue a bater récords de empresas que traballan para a administración local con contratos caducados”. Antonio Ameijide recorda que “neste mesmo ano veñen de caducar contratos tan importantes como o de recollida de lixo e dende o equipo de goberno non fan nada por licitar novos pliegos de contratación” e insiste en que “hai que ser máis firmes” para solucionar esta situación na que se atopan numerosos servizos municipais.
Ademais, os populares amósanse “moi preocupados” co problema de persoal que hai no Concello de Lugo, unha materia sobre a que o interventor do Concello é moi claro. No seu informe explica que “cómpre incidir nas consideración realizadas polos distintos servizos nos seus expedientes relativos á insuficiencia de medios persoais para a atención das tarefas propias do servizo… cómpre valorar a tramitación dos expedientes de cobertura de postos que quedaron vacantes nestes últimos exercicios e cuxa provisión resulta absolutamente imprescindible e necesaria para garantir a realización efectiva das tarefas encomendadas e a actual carga de traballo con garantías de cumprimento de obxectivos de fiscalización e prazos normativos, aínda máis tendo en conta o perfil de especial cualificación técnica dos postos referidos que continúan vacantes (xefe/a de servizo Intervención e Adxunto ó xefe/a de servizo)”.