EconomíaInfraestructuras

El PP critica que la “rabieta” de Méndez va a dejar vacía A Tinería y costarnos 100.000€ a los lucenses

By 29 mayo, 2018mayo 30th, 2018No Comments

El portavoz del Grupo Municipal del Partido Popular Antonio Ameijide afirma que los locales que la alcaldesa le alquiló a la Xunta para los próximos cinco años no se ocuparán ya que las condiciones pactadas por los socialistas para ofertarlos “no son asumibles” para ningún emprendedor, circunstancia que reconoce hasta el informe elaborado por la técnica de desarrollo local

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, denunciou hoxe que o goberno local condena aos locais da Tinería a estar baleiros durante cinco anos, tempo no que pagará 15.161,16 euros anuais (sen IVE) á Xunta en concepto de aluguer polos 9 locais arrendados.

Antonio Ameijide fixo esta afirmación despois de coñecer as condicións pactadas polos socialistas na xunta de goberno local para acceder aos locais nos que Lara Méndez anunciou que quería facer un viveiro de empresas. O voceiro popular asegura que a alcaldesa condena aos locais a estar sen actividade xa que as condicións que presentan a calquer interesado en acceder a eles “non son asumibles” para calquer emprendedor.

Para o popular “non se pode entender” que os socialistas impoñan que as persoas que accedan a estes locais teñan que asumir o acondicionamento do local, “unha inversión imposible” para calquer emprendedor. Unha circunstancia que se reflicte no informe xustificativo da renda elaborado pola técnica de desenvolvemento local. Nese informe asegúrase que “os baixos que se ofertan non están acondicionados, precisando de instalación de chan, baños, electricidade… Isto, sen dúbida vai ser un elemento disuasorio para moitos dos/as interesados/as, que deben de dispoñer de recursos económicos para acondicionar estes locais e facelos atractivos para a súa explotación comercial”.

Un gasto que todos os adxudicatarios de locais teñen que asumir “practicamente a fondo perdido” xa que aos catro anos terán que abandonar os locais, porque nas bases “non hai posibilidade de prórroga”.

Segundo os prezos actuais no mercado, o custe medio para acondicionar un local comercial se sitúa nos 500€/m2, polo que os custes de acondicionamento se incrementan en función do local do que se trate.

 

 

Situación do local

 

Superficie en m2

Custe acondicionamento Custe mensual amortización (sen equipamento)
Recanto do Miño nº8 54,20 27.100€ 564,58€
Recanto do Miño nº15 18,90 9.450€ 196,87€
Rúa do Miño nº26 70,10 35.050€ 730,20€
Rúa do Miño nº32 106,44 85.152€ * 1774€
Rúa da Tinería nº36 20,34 10.170€ 211,87€
Rúa da Tinería nº24 51 25.500€ 531,25€
Rúa da Tinería nº44 37,20 18.600€ 387,5€
Praciña da Universidade nº3 Letra 1 53,48 26.740€ 557,08€
Praciña da Universidade nº3 Letra 2 50,24 25.120€ 523,33€

*Este local precisa dunha intervención maior que o do resto de locais, polo que o prezo por m2 sube ata unha media de 800€.

 

Ademais desta “forte inversión” a realizar por todos os adxudicatarios, os arrendatarios terán que dar de alta os subministros (auga, luz, calefacción…) e, incluso, pagar o IBI.

Antonio Ameijide pregúntase como o Concello quere impor aos locais teñen que estar en funcionamento en menos de 2 meses despois da adxudicación, “algo imposible” tendo en conta “os enormes atrasos” que ten o Concello de Lugo na resolución de licenzas, sobre todo no casco histórico, zona PEPRI.

Para o voceiro popular o xeito de actuar dos socialistas demostra que “actuaron por mor dunha rabieta” e sen ter “un plan de actuación” para o barrio da Tinería, unha zona da que “nunca se preocuparon” e a que están “condenando” a seguir “en decadencia” sen apoiar “firmemente” a iniciativa empresarial para reactivar o casco histórico da cidade.

Incluso, os propios socialistas “incumplen” as recomendacións que lles dan dende a Xunta de Galicia porque “se deron conta” de que “non saben que facer” cos locais que lle alugaron á administración autonómica.

O popular incluso non comprende as acusacións que se realizan conta a Xunta de Galicia, á que acusan de “poñer en risco a oportunidade de dinamizar económica e socialmente” a Tinería por mor dos baixos prezos que tiñan prevista ofertar para alugar os locais. Unha oportunidade que “Lara Méndez se empeña en perder” xa que son os propios socialistas os que están “a dinamitar o barrio” coas condicións que queren impoñer para alugar os nove locais dispoñibles.

Antonio Ameijide criticou o proceder dos socialistas, que “non benefician” ao casco histórico da cidade. O popular desvelou que dos 1.546 locais comerciais que hai no centro de Lugo, 239 non teñen actividade, cifra que Lara Méndez quere aumentar despois de ver as condicións que “impón” para os locais da Tinería.

O voceiro popular afirma que o obxectivo que perseguen os socialistas é crear na Tinería un proxecto semellante ao Cei Nodus, algo “totalmente imposible”, xa que os emprendedores que hai no Cei Nodus acceden a locais “totalmente acondicionados” nos que teñen todos os servizos e o único que teñen que facer “é ter moitas gañas de traballar”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies